Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a adquisición de leite e derivados; conxelados (peixe e cordeiro); auga, café, pan e derivados; productos cárnicos e derivados; sopas, triturados dietéticos e outros e productos non perecedoiros. (C.P. 100/2001 e cinco máis).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

-Nº referencia expediente: C.P. 100/2001.

Obxecto: adquisición de leite e derivados.

Lote nº 1: leite enteiro (1 litro).

Lote nº 2: queixo barra (kg).

Lote nº 3: queixo fresco (kg).

Lote nº 4: leite descremado homoxeneizado (litro).

Lote nº 5: ioghurt natural e natural desnatado (unidades).

Lote nº 6: queixo porcións desnatado.

Lote nº 7: margarina 100% vexetal (quilos), 100% vexetal (porcións) e manteiga (porcións).

Orzamento: 29.372.500 pesetas. (176.532,29 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

-Nº referencia expediente: C.P. 101/2001.

Obxecto: adquisición de conxelados (peixe e cordeiro).

Lote nº 1: bacallao conxelado, vaíña tubo pota limpo, delicias do océano, filete de pescada sen pel, gamba arroceira, gamba pelada, pescada nº 4, solla, polbo en bloque, rosada grande, berberecho sen cuncha e mexillón sen cuncha.

Lote nº 2: paleta de cordeiro conxelada (kg) e costeletas de cordeiro conxeladas (kg).

Orzamento: 33.807.750 pesetas. (203.188,67 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

-Nº referencia expedente: C.P. 102/2001.

Obxecto: adquisición de auga, café, pan e derivados.

Lote nº 1: café moído extra (kg), café soluble sobre (sobres) e café soluble descafeinado (sobre).

Lote nº 2: auga mineral 1,5 l baixa en NA (botella) e 0,5 l baixa en NA (botella).

Lote nº 3: pan barra, bolo 60 g (bolos), pan barra integral, bolo 60 g, pan molde sen sal (paquete 1 kg) e pan barra, bolo de 30 g (bolos).

Lote nº 4: caldo de ave (kg), caldo vexetal sen sal (kg), concentrado para natillas (kg), crema de champiñóns sen sal (kg), crema de espárragos sen sal (kg), farina milla fina (kg) e puré de patacas (kg).

Lote nº 5: sémola de trigo (paquete 250 g), fariña de trigo fino (kg) e tapioca (paquete 150 g).

Lote nº 6: empanada de bacallao ou bonito (kg).

Orzamento: 30.986.400 pesetas. (186.232,01 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

-Nº referencia expediente: C.P. 103/2001.

Obxeto: adquisición de productos cárnicos e derivados.

Lote nº 1: xamón fresco (quilo), lacón fresco (quilo) e cinta raxo de porco fresco (quilo).

Lote nº 2: vitela folla dura (kg), vitela xarrete (kg), faldra sen óso (kg), agulla (kg) e man de diante (kg).

Lote nº 3: vitela corte redondo (kg), vitela lonxa (kg), vitela boliche (kg), vitela croca(kg) e ósos (kg).

Lote nº 4: chourizo para potaxe (kg), xamón cocido sen sal coa súa pel (kg), xamón serrano desosado (kg), xamón de york (kg), paleta cocida coa súa pel (kg) e touciño entrefebrado tipo bacon cocido (kg).

Orzamento: 33.573.500 pesetas. (201.780,80 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

-Nº referencia expediente: C.P. 104/2001

Obxeto: adquisición de sopas, triturados dietéticos e outros.

Lote nº 1: sopa crema de ave (sobres) e sopa crema de verduras (sobres).

Lote nº 2: triturado de polo con complemento de verduras, triturado de polo con complemento de pasta e champiñóns, triturado de pavo con productos astrinxentes, triturado de vitela con complemento de verduras e triturado de peixe con gornición.

Lote nº 3: espinacas folla (kg), ervella fina (kg), xudías plana (kg), coliflor dura, acelga folla (kg),

coles bruxelas (kg), ensalada rusa 4 verdura (kg), cenoria babi e minestra imperial (kg).

Lote nº 4: polo limpo, pezas de 1,5 kg a 1,75 kg (kg), peituga de polo (filete de 175-200 gr) (kg), zancos de polo (zanco de 300 gr.) (kg) e pavo (zanco de 250-500 gr) (kg).

Lote nº 5: ovos de 70 a 80 g. Clase extra (docena).

Lote nº 6: ovo líquido pasteurizado, envase 10 l (litros) e ovo líquido pasteurizado, envase 1 litro (litro).

Orzamento: 30.456.940 pesetas. (183.049,90 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

-Nº referencia expediente: C.P. 105/2001

Obxeto: adquisición de productos non perecedoiros.

Lote nº 1: espárragos (kg), olivas sen óso (bote), alcachofas enteiras (lata), atún en aceite (lata), champiñóns laminados (lata), ervellas (lata), pementos morróns (lata) e tomate triturado (lata).

Lote nº 2: ensalada de froitas extra (lata), pexego en xarope 1ª (lata), piña no seu zume (lata) e pera en xarope (lata).

Lote nº 3: fideos entrefino, nº 2 (kg), macarróns, ñoquis tiburón (kg), espaguete (kg) e fideo perla/fideuá.

Lote nº 4: galletas (paquete).

Lote nº 5: azucre paquete (1 kg) e azucre sobre (kg).

Lote nº 6: sal fino iodado (kg), vinagre de viño (litro), maionesa (bote 1.850 cc), maionesa (bote 3.600 cc), marmelo extra (lata) e chicoria (paquete).

Lote nº 7: marmelada albaricoque (terrina), marmelada pexego (terrina), marmelada ameixa (terrina) e mel porcións (18 g).

Lote nº 8: zume laranxa 100% natural (litro), zume laranxa 100% natural (brick 200 cc.), zume pexego 100% natural (brick 200 cc.) e zume pexego 100% natural (litro).

Lote nº 9: aceite altoleico (litros), aceite xirasol (litros) e aceite de oliva refinado.

Lote nº 10: arroz gran enteiro (kg) e arroz gran enteiro vaporizado (kg).

Orzamento: 32.605.964 pesetas. (195.965,80 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), de subministración.

2. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: admitirase a presentación de 1 variante.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 28 de decembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña