Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións

públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. 10/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático, desagregado en 2 lotes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 150, do 3-8-2000.

5. Orzamento base de licitación: 12.012.000 pesetas (doce millones doce mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: asistencia técnica para impartición de 46 seminarios de difusión da utilización empresarial de novas tecnoloxías da información. 5.106.000 pesetas, IVE incluído, orzamentándose nun máximo de 111.000 pesetas, IVE incluído, o custo de cada seminario.

Lote 2: servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático necesario para a impartición dos seminarios obxecto do lote 1. 6.906.000 pesetas, IVE incluído.

6. Adxudicación.

a) Data: 6 de outubro de 2000.

b) Contratistas e importes de adxudicación:

Lote 1: OBZ, S.L., 4.820.800 pesetas, IVE incluído, correspondentes a 104.800 pesetas, IVE incluído, de prezo unitario por seminario.

Lote 2: Emetel Sistemas, S.L., 6.403.200 pesetas, IVE incluído, correspondentes a 139.200 pesetas, IVE incluído, de prezo por servicios relativos a cada seminario.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica