Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de ampliación do aproveitamento hidroeléctrico do río Tea, promovido por Engasa.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de ampliación do aproveitamento hidroeléctrico do río Tea, promovido por Engasa.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental