Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Fiouco para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 068-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Fiouco coas seguintes características:

Peticionario: Norvento, S.L. Rúa de Ribadeo, 2, entlo. 27002 Lugo.

Situación: concello de Abadín (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.616.379,00; 4.810.949,00), V(0.616.895,00; 4.811.875,00)

V(0.618.384,00; 4.810.736,00), V(0.618.640,00; 4.809.250,00)

V(0.618.350,00; 4.809.244,00), V(0.618.348,00; 4.808.856,00)

V(0.617.180,00; 4.809.220,00).

Superficie afectada: 395 ha.

Potencia bruta: 24,8 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 28 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provinicial de Lugo