Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 385

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 31 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 8 de novembro), lista B.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 29 de decembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Manuel Silva Iglesias, contra a Resolución do 31 de outubro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de conformidade coas resolucións do 23 de xuño e 20 de setembro de 2000 (DOG nº 216, do 8 de novembro), lista B.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta nas listas publicadas por Resolución do 31 de outubro, no sentido de que debe figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, cos datos seguintes:

Manuel Silva Iglesias, DNI: 34.985.037, lista B, puntuación: 0,200 puntos nos postos seguintes:

-Número 102 para o ámbito D0000.

-Número 106 para o ámbito D1500.

-Número 139 para o ámbito D2700.

-Número 71 para o ámbito D3200.

-Número 91 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública