Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 384

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 28 de agosto), correspondente á categoría 7 (garda xurado fluvial, garda de explotación) (lista B) do grupo IV.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 28 de decembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Ramón Ángel Paz Piñeiro, contra a Resolución do 11 de agosto de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal

laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 7 (garda xurado fluvial, garda de explotación) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede da-la debida publicidade á modificación provocada por este, nas listas publicadas por Resolución do 11 de agosto de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 7 (garda xurado fluvial, garda de explotación) (lista B) do grupo IV, cos seguintes datos:

Ramón Ángel Paz Piñeiro, DNI: 35.296.030, lista B, puntuación: 1 puntos.

No posto número 8 para o ámbito xeográfico D3600.

ApelidosNomeDNIBase 1Base 2Base 3Base 4Base 5Base 6Base 7Total

Paz PiñeiroRamón Ángel35.296.030000000,2500,7501

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública