Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se acorda o sinalamento para a realización da poxa de bens mobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, con data do 7 de febreiro de 2000, o alleamento en pública poxa do ben moble embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación da Coruña como da propiedade do debedor Distralco, S.L., NIF B-15207970, que a continuación se describe:

Lote 1.

Vehículo matrícula C-3230-AN, marca Renault, modelo R.9 GTD 1600

Tipo: 143.000 pesetas.

Cargas: non constan.

Este ben encóntrase, para o seu exame, en poder do depositario Juan José Servia Sanjurjo no lugar de Mandín nº 89, parroquia de Soñeiro, concello de Sada (A Coruña).

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 25 de xaneiro de 2001, ás 10 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, praza de Pontevedra nº 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, se realice a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que

consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con licitacións superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, e deberán ir xunto con cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfan o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa, que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación, ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se

considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación, non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos