Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 335

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 20 de decembro de 2000, da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a resolución que dá publicidade á lista definitiva de admitidos e excluídos dos aspirantes a nomeamentos temporais con base na convocatoria feita por Resolución do 25 de abril de 2000, pola que se formaliza a convocatoria para a selección temporal de diversos postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e Administración sanitaria con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde (médicos, biólogos, farmacéuticos, químicos e psicólogos).

As listas definitivas de admitidos e excluídos publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e das institucións sanitarias do Sergas, no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e das súas delegacións provinciais o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os expedientes das categorías de biólogos e farmacéuticos foron baremados na dirección provincial de Lugo; r/ García Portela nº 13, 27071 Lugo (teléfonos de información categoría farmacéuticos: 982 29 69 31 e o 982 29 69 06 para a categoría de biólogos) e os das categorías de médicos, psicólogos e químicos na dirección provincial de Ourense; r /Juan XXIII, nº 31-33, 32003 Ourense (número de información: 988 38 59 37).

A xestión das citadas listas levarase na División de Recursos Humanos do Sergas, concretamente na Subdirección Xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos

Humanos