Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-281/2000 e catro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador I-281/2000 e catro máis, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta

notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), e para chegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Benito Corbal, 47 (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 27 de novembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Preceptos

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoInfrinxidoSancionadorSanción

I-281/2000Explotaciones Ares, S.L.

Couso Meira, 36, 36955 Moaña

Abandono dun vehículo en masa forestalArtigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000

I-296/2000Mirian Rentería Arana

Carregal de Arriba, 11, Amorín, 36740 Tomiño

Vertido de lixo en masa forestalArtigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000

I-308/2000Tomás Domínguez Outeda

Adina, 28, 36960 Sanxenxo

Abandono dun vehículo en masa forestalArtigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000

I-311/2000Olga Blanco Blanco

Hipólito de Sa Bravo, 20, 36205 Vigo

Abandonar unha queima sen que estea totalmente apagadaArtigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000

I-313/2000Valentín Gabarris Díez

O Vao, 56, 36163 Poio

Abandono dun vehículo en masa forestalArtigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000