En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Consejeros de Seguridad de Transporte de Mercancías Peligrosas de Galicia que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas que posúan o título de conselleiro de Seguridade.
Asinan a acta de constitución: Antolín Alonso Sampedro, e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais