Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a paralización do inicio do expediente sancionador Secretaría 256/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a paralización do acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Polo que se lle comunica que de acordo co establecido no art. 4, punto 6 do Real decreto 1398/1993,

procédese á paralización de inicio de novas actuacións administrativas mentres non se resolva o expediente nº 102/00 que se iniciou neste servicio na data 16-5-2000, contra o interesado.

Expediente sancionador: Secretaría 256/2000.

Denunciado: Nicolás Vicente Pardo.

DNI/CIF: 53.165.097-E.

Último enderezo coñecido: Mosteiro de Caaveiro, 36-D. A Coruña.

A Coruña, 9 de novembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña