Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 6009.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Pizarras Balbón, C.B., con enderezo en Balbón, 3, 27636 San Salvador de Mao, presentou nesta delegación provincial o día 29 de xullo de 2000 instancia-solicitude do permiso de investigación Orille de 5 cuadrículas mineiras para recursos de cuarcita e lousa ornamental, que se sitúa no concello da Pobra de Brollón da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 6009 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1 -7º 21' 00''42º 34' 00''

2 -7º 21' 00''42º 34' 20''

3 -7º 20' 40''42º 34' 20''

4 -7º 20' 40''42º 34' 40''

5 -7º 20' 20''42º 34' 40''

6 -7º 20' 20''42º 34' 20''

7 -7º 20' 00''42º 34' 20''

8 -7º 20' 00''42º 33' 40''

9 -7º 20' 20''42º 33' 40''

10 -7º 20' 20''42º 34' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Ley 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 7 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo