Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 268

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de decembro de 2000 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei

RESOLVO:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n. 15703 Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. No caso de que resulten seleccionados para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde funcionarios con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicárlle-lo posto para o que foron seleccionados. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderán, de considerarse oportuno, declararse desertos os postos de traballo.

Sétimo.-O prazo da toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses ó que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: OT.A99.10.000.15001.031.

Denominación do posto de traballo: habilitado.

Centro directivo: área provincial IGVS/A Coruña.

Localidade: Ferrol.

Corpo/escala: xeral.

Grupo: BCD.

Nivel: 18.

Complemento específico: 556.068.

Código do posto: OT.A99.10.000.36001.020.

Denominación do posto de traballo: habilitado.

Centro directivo: área provincial IGVS/Pontevedra.

Localidade: Vigo.

Corpo/escala: xeral.

Grupo: BCD.

Nivel: 18.

Complemento específico: 556.068.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 265.