Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 267

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, lista B, de conformidade coas resolucións do 4 de outubro e 20 de novembro de 2000.

Publicadas as resolucións do 4 de outubro e 20 de novembro de 2000, relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, lista B, e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, lista B. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 1 de marzo de 2000; a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos para este corpo naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 0,750 puntos. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, non están admitidos.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese

momento sen efecto as listas elaboradas conforme a convocatoria do 28 de xaneiro de 1998 (DOG nº 28, do 11 de febreiro), correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública