Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000 pola que se fai pública a resolución do expediente de solicitude de concesión administrativa presentada por Inmobiliaria La Toja, S.A. para a construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa.

Rematada a tramitación do expediente da solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Inmobiliaria La Toja, S.A. para a construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa, o presidente de Portos de Galicia, en virtude

das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996 acordou, por Resolución do 14 de decembro de 2000, que pon fin á vía administrativa, denega-lo outorgamento da concesión administrativa solicitada, o que se fai público para o coñecemento xeral.

Contra a citada resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución que fai pública a denegación da concesión.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia