Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 157

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense.

Por Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), da Dirección Xeral de Recursos

Humanos, convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense, aprobada polo Decreto 246/1995, do 28 de xullo.

Así mesmo, e por Resolución do 17 de outubro de 1996 (DOG nº 210, do 25 de outubro) e do 30 de outubro de 1996 (DOG nº 220, do 11 de novembro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, nomeáronse os tribunais cualificadores do dito concurso-oposición.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentencia do 28 de abril de 1999, estimou parcialmente o recurso contencioso-administrativo 01/0000766/1996, interposto polo Sindicato Nacional Comisións Obreiras contra a resolución do director xeral de Recursos Humanos do Sergas do 8 de abril de 1996, anulando tal acto administrativo no particular correspondente á base sexta, B) Fase de concurso, número 18.

Para dar efectivo cumprimento á sentencia, a División de Recursos Humanos do Sergas publicou a Resolución do 15 de novembro de 2000 (DOG nº 232, do 30 de novembro), pola que se modifican determinados aspectos da Resolución do 8 de abril de 1996, pola que se convocou concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense.

Procede agora, en consecuencia, actualiza-los membros dos tribunais, titulares e suplentes, que valorarán a fase de concurso.

Para isto, e de conformidade co disposto na base quinta da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) da Dirección Xeral de Recursos Humanos, este centro directivo

DISPÓN:

Primeiro.-Nomea-los membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán a fase de concurso do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense, convocado por Resolución do 8 de abril de 1996-modificada por Resolución do 15 de novembro de 2000-e que aparecen relacionados, para cada unha das ditas categorías, nos anexos da presente resolución.

Segundo.-A presente resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da Division de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

Xestión da Función Administrativa/traballador social

Membros titulares:

Presidente: Manuel A. Silva Romero, secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vocais:

María del Rosario García Villadangos, subdirectora xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos da División de Recursos Humanos do Sergas.

Armando González López, delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Ourense.

José Manuel Ferreiro Fernández, xefe do Servicio de Persoal Funcionario e Laboral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Javier García Caeiro, xefe de Sección de Recursos da División de Recursos Humanos do Sergas.

Un representante sindical.

Secretario: Arturo Hermida Paredes, subdirector xeral de Custos de Persoal e Retribucións da División de Recursos Humanos do Sergas.

Membros suplentes:

Presidente: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, director xeral da División de Recursos Económicos do Sergas.

Vocais:

Constantino Carreiras Souto, subdirector xeral de Contratación e Xestión Económica da División de Recursos Económicos do Sergas.

Manuel Blanco Mouro, director de centro do Complexo Hospitalario de Ourense.

Yolanda Lesmes Romero, xefa do Servicio de Recursos e Reclamacións da División de Recursos Humanos do Sergas.

Federico Ordax Avecilla, xefe do Servicio de Réxime Retributivo da División de Recursos Humanos do Sergas.

Un representante sindical.

Secretario: Miguel Anxo Cadavid Rodríguez, xefe do Servicio de Avaliación Económica e Orzamentaria da División de Recursos Humanos do Sergas.

ANEXO II

ATS/DUE

Membros titulares:

Presidente: Francisco José López Rois, director xeral da División de Asistencia Sanitaria do Sergas.

Vocais:

José Ramón Gómez Fernández, subdirector xeral de Coordinación e Avaliación Asistencial da División de Asistencia Sanitaria do Sergas.

María Garrido Carballo, directora de Enfermería do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Justo Jorge López, xefe do Servicio de Recursos Humanos da Dirección Provincial do Sergas de Lugo.

Membros suplentes:

Presidente: Valeriano Martínez García, director xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Vocais:

María Elvira Touriño Míguez, xefa do Servicio de Enfermería en Atención Primaria e Especializada da División de Asistencia Sanitaria do Sergas.

María Laudelina Morán Alonso, subdirectora de Enfermería do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Arturo Hermida Paredes, subdirector xeral de Custos de Persoal e Retribucións da División de Recursos Humanos do Sergas.

ANEXO III

TEL/TER

Membros titulares:

Presidente: Alfonso Clemente González, xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense.

Vocais:

Consuelo Feijoo Núñez, ATS/DUE do Complexo Hospitalario de Ourense.

Florinda Pérez Feijoo, ATS/DUE do Complexo Hospitalario de Ourense.

Rosario de León de Castro, TER do Complexo Hospitalario de Ourense.

María José Álvarez Rodríguez, TEL do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Miguel Anxo Cadavid Rodríguez, xefe do Servicio de Avaliación Económica e Orzamentaria da División de Recursos Humanos do Sergas.

Membros suplentes:

Presidente: Santiago Camba Bouzas, director provincial do Sergas de Ourense.

Vocais:

Ascensión Pérez Sampayo, ATS/DUE do Complexo Hospitalario de Ourense.

Eladio Guede Feijoo, ATS/DUE do Complexo Hospitalario de Ourense.

Marisa Atrio Pereira, TEL do Complexo Hospitalario de Ourense.

Marina Bermúdez García, TER do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Justo Jorge López, xefe do Servicio de Recursos Humanos da Dirección Provincial do Sergas de Lugo.

ANEXO IV

Auxiliar administrativo

Membros titulares:

Presidente: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, director xeral da División de Recursos Económicos do Sergas.

Vocais:

Constantino Carreiras Souto, subdirector xeral de Contratación e Xestión Económica da División de Recursos Económicos do Sergas.

Francisco Javier Puente Prieto, director operativo do Complexo Hospitalario de Ourense.

Enrique Paseiro Pardal, xefe do Servicio de Informática Área Asistencial da Secretaría Xeral do Sergas.

María Pérez González, Administrativa do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Yolanda Lesmes Romero, xefa do Servicio de Recursos e Reclamacións da División de Recursos Humanos do Sergas.

Membros suplentes:

Presidente: Armando González López, delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense.

Vocais:

Francisco Javier Patiño Patón, xefe do Servicio de Selección e Provisión de Persoal da División de Recursos Humanos do Sergas.

Fernando Ferrera Deza, grupo de xestión do Complexo Hospitalario de Ourense.

Jesús Senra Negro, xefe de Sección de Habilitación da División de Recursos Humanos do Sergas.

Emilio Ríos Dasilva, auxiliar administrativo do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Andrés Castro Bande, xefe do Servicio de Ordenación Normativa e Documentación da División de Recursos Humanos do Sergas.

ANEXO V

Auxiliar de enfermería

Membros titulares:

Presidente: Santiago Camba Bouzas, director provincial do Sergas de Ourense.

Vocais:

María del Rosario García Villadangos, subdirectora xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos da División de Recursos Humanos do Sergas.

Manuel Blanco Mouro, director de centro do Complexo Hospitalario de Ourense.

María Elvira Touriño Míguez, xefa do Servicio de Enfermería en Atención Primaria e Especializada da División de Asistencia Sanitaria do Sergas.

Luisa de la Ascensión Peña Pérez, auxiliar de Enfermería do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Francisco Javier Patiño Patón, xefe do Servicio de Selección e Provisión de Persoal da División de Recursos Humanos do Sergas.

Membros suplentes:

Presidente: Alfonso Clemente González, xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense.

Vocais:

Ana Comesaña Álvarez, xefa do Servicio de Relacións Laborais da División de Recursos Humanos do Sergas.

Javier García Caeiro, xefe de Sección de Recursos da División de Recursos Humanos do Sergas.

Enrique Paseiro Pardal, xefe do Servicio de Informática Área Asistencial da Secretaría Xeral do Sergas.

Milagros Fernández Fernández, auxiliar de Enfermería do Complexo Hospitalario de Ourense.

Un representante sindical.

Secretario: Rodrigo López Asorey, xefe do Servicio de Xestión de Persoal da División de Recursos Humanos do Sergas.

ANEXO VI

Celador/telefonista/operario

Membros titulares:

Presidente: Valeriano Martínez García, director xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Vocais:

Ana Comesaña Álvarez, xefa do Servicio de Relacións Laborais da División de Recursos Humanos do Sergas.

María Belén Baltar Trabazo, directora de Recursos Humanos e Relacións Laborais do Complexo Hospitalario de Ourense.

Rodrigo López Asorey, xefe do Servicio de Xestión de Persoal da División de Recursos Humanos do Sergas.

Jesús Senra Negro, xefe de Sección de Habilitación da División de Recursos Humanos do Sergas.

Un representante sindical.

Secretario: Andrés Castro Bande, xefe do Servicio de Ordenación Normativa e Documentación da División de Recursos Humanos do Sergas.

Membros suplentes:

Presidente: Francisco Jose López Rois, director xeral da División de Asistencia Sanitaria do Sergas.

Vocais:

Federico Ordax Avecilla, xefe do Servicio de Réxime Retributivo da División de Recursos Humanos do Sergas.

Rosario Alvar Alonso, limpadora do Complexo Hospitalario de Ourense.