Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

Presentado polo equipo redactor o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xermade no que se recollen as observacións formuladas pola Dirección Xeral de Urbanismo, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Xefatura Provincial de Estradas, sométese novamente á información pública por termo dun mes mediante a inserción de anuncios no taboleiro de anuncios da casa do concello, no diario El Progreso de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, computándose o prazo a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio correspondente neste último diario, podendo, en consecuencia, durante ese lapso de tempo, calquera interesado examinalo e formula-las alegacións que considere convenientes.

Todo iso en cumprimento do preceptuado no artigo 43 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e dado que as observacións referidas supoñen un cambio substancial no documento incialmente aprobado.

Xermade, 22 de novembro de 2000.

Manuel González Fernández

Alcalde