Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 6-11-2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico (PEPRI), no contorno do Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, S.L., solicitado polo Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, S.L.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 10 de novembro de 2000.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área