Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVANTES

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cervantes.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Savane, Dorna e San Martín.

b) Lugar de execución: Savane, Dorna e San Martín.

c) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 15.873.564 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 317.471 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cervantes, Secretaría.

b) Domicilio: rúa Deputación, s/n, San Román.

c) Localidade e código postal: Cervantes, 27664.

d) Teléfono: 982 36 49 04.

e) Fax: 982 36 49 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido nas cláusulas 7.1 e 7.2 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.1 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares, debendo formularse a oferta económica conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica» e xustificantes, conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.2 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Cervantes, Secretaría.

2ª Domicilio: rúa Deputación, s/n, San Román.

3ª Localidade e código postal: Cervantes 27664.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (melloras de calidade) como cuantitativas (novas unidades de obra), formulándose de conformidade co previsto na cláusula 11.1.d) do prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: salón de sesións da Casa do Concello de Cervantes.

b) Domicilio: rúa Deputación, s/n, San Román.

c) Localidade: Cervantes.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Cervantes, 22 de decembro de 2000.

Manuel Belón Gómez

Alcalde