Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de novembro de 2000, da Dirección Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante gasto anticipado e polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do servicio de limpeza da nova sede desta dirección provincial na rúa García Barbón, 51 de Vigo.

Advertido erro no texto do dito acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 233, do venres, 1 de decembro de 2000, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 16.015, punto 7, onde di: «a partir das 9.30 horas do quinto día natural», debe dicir: «a partir das 9.30 horas do vixésimo quinto día natural».