Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto do gasto anticipado, para a contratación da asistencia técnica de formación permanente do profesorado na área de renovación pedagóxica e actualización didáctica nos centros de ensinanzas marítimo-pesqueiras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica de formación permanente do profesorado na área de renovación pedagóxica e actualización didáctica nos centros de ensinanzas marítimo-pesqueiras.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: ver prego de características técnicas.

d) Prazo de execución: segundo o prego de características técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e como gasto anticipado.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.500.000 pesetas (27.045,54 euros) impostos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 40.

e) Fax: 981 54 61 38.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=127.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Faraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do cuarto día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación