Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 45

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación C. de Artesáns Artedovo (Ponte Caldelas).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na seccción de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación C. de Artesáns Artedovo (Ponte Caldelas), que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: recuperación e mellora do sector artesanal tradicional e contemporáneo, nas comarcas dos ríos Verdugo e Oitavén.

Asinan a acta de constitución Francisco Javier Suárez García, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 5 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra