Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 34

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO ONCE DE MADRID

EDICTO (124/2000).

Ángel J. Zuil Gómez, secretario xudicial do Xulgado do Social número once de Madrid, fai saber que neste xulgado se seguen autos co nº D-118/2000, hoxe execución nº 124/2000, por instancia de Federico Tomás Ansón Jiménez, contra a empresa Grupo Star Computer, S.L, en reclamación por procedemento ordinario, nos que con data do 27-11-2000, se dictou proposta de auto, cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

En atención ó exposto, acórdase:

a) Despacha-la execución solicitada por Federico Tomás Ansón Jiménez contra Grupo Star Computer, S.L, por un importe de 700.122 pesetas de principal, máis 70.012 e 43.757 pesetas de custas e xuros que se fixan provisionalmente.

b) Realizar embargo dos bens da demandada en contía suficiente e, descoñecéndose bens concretos, procédase á indagación destes e, para tal fin, expídanse os correspondentes oficios e mandamentos.

c) Advírtese e requírse o executado nos termos exactos expostos nos razoamentos xurídicos 4 e 5.

d) Advírtase o executado de que, se deixa transcorre-los prazos que se lle conceden e na forma indicada no razoamento xurídico 6, se lle poderá impoñe-lo aboamento de constrinximentos en diñeiro.

e) Dar traslado do escrito presentado e desta resolución ó Fondo de Garantía Salarial, para os fins expresados no razoamento xurídico. 7. Notifíqueselles esta resolución ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de reposición perante este xulgado, dentro do prazo de tres días hábiles, seguintes á súa notificación (artigo 184 da LPL), sen prexuízo da súa executividade.

E, atopándose a empresa demandada en ignorado paradoiro, notifíquese esta por medio de edictos para

publicar no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, coa advertencia á executada de que as sucesivas notificacións se practicarán en estrados, conforme o establecido no artigo 59 da LPL.

Esta é a resolución que lle propón o secretario xudicial deste xulgado a Segismundo Crespo Valera, maxistrado-xuíz do Social número once. Dou fe. Conforme, o maxistrado-xuíz. O secretario xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Grupo Star Computer, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto en Madrid, o vintesete de novembro de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado