Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 26

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, que modifica a do 16 de outubro, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas (lista B).

Detectados erros nas listas publicadas pola Resolución do 16 de outubro de 2000 (DOG nº 262, do 26 de outubro), correspondentes ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas (lista B), e unha vez emendados estes pola correspondente comisión, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas (lista B). De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decre

to 89/1997, do 10 de abril, e a base 2ª da Resolución do 23 de maio a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos para esta escala naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 1 punto; as ditas listas están expostas da forma que seguidamente se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 23 de maio de 2000 da Dirección Xeral da Función Pública, non están admitidos na lista.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administra

ción Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade e, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes; disto darase a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figurando excluídos ou non admitidos na Resolución do 16 de outubro de 2000, pasen a integrarse na lista de admitidos que figura no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listaxes provisionais, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a seguir se expresa:

Grupo B: 6.580 pesetas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición na categoría correspondente os que foran admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma escala, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 23 de maio de 2000.

Os que non o fixeran no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública