Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.033

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

1

Como instrumento básico da política económica que desenvolve a Comunidade Autónoma, os orzamentos do ano 2001 deberán contribuír á continuidade do proceso de converxencia entre Galicia e os restantes países europeos.

Esa orientación, que desde unha perspectiva macroeconómica fará necesario conseguir crecementos medios superiores ós da economía española -maiores á súa vez cós da europea-, que vaian acompañados de creación de emprego e que resulten compatibles co mantemento de taxas de inflación e de productividade que non poñan en risco a capacidade competitiva do sistema, trasládase desde un punto de vista orzamentario cara ó seguimento de liñas de actuación e ó cumprimento de obxectivos concretos, dirixidos á supresión do déficit, á formación de capital e á consolidación, e nalgúns casos ó reforzamento de políticas redistributivas e de producción de servicios básicos.

2

Como punto de partida, os orzamentos ofrecen unha situación que culmina o proceso de reducción do déficit iniciado en anos anteriores no marco dos compromisos adquiridos para a implantación de políticas de estabilidade preconizadas pola Unión Europea. Como consecuencia desa relación de equilibrio, a débeda da Comunidade Autónoma deterá no actual exercicio o seu crecemento.

Por outra parte, a supresión do déficit descansa cualitativamente sobre o esforzo de contención do gasto corrente, principalmente o vinculado á actividade máis estrictamente administrativa, xa que os programas de gasto social, sobre todo en educación e en sanidade, manteñen como mínimo, cando non incrementan, os apreciables niveis de cobertura existentes ata o momento.

O decisivo papel que a formación de capital pode desempeñar dentro dun proceso de expansión económica formula a necesidade de reforza-lo investimento público. Nese sentido, os gastos de capital reciben un impulso considerable, que ante unha situación de ausencia de déficit só resulta posible se vai acompañado, como neste caso, polo crecemento paralelo do aforro orzamentario.

Os sectores que en maior medida poden contribuír á expansión da actividade económica, á elevación da renda e á creación de emprego son precisamente os que canalizarán a maior parte deses investimentos, utilizando como referencia as propostas do Plan estratéxico de desenvolvemento económico de Galicia, para o período 2000-2006.

3

No que respecta ó texto articulado, xunto ás disposicións que en anteriores exercicios demostraron

a súa utilidade no ordenamento da actividade económico-financeira desenvolta a través dos orzamentos, e que por esa razón se manteñen, figuran outras que aparecen recollidas por primeira vez. Entre estas últimas poden ser destacadas as seguintes:

Dentro do título I, para que non resulte afectada a capacidade de resposta do Servicio Galego de Saúde en situacións concretas, e para favorecer unha xestión máis adecuada dos fondos finalistas correspondentes a competencias asumidas pola Comunidade Autónoma no ámbito das políticas activas de emprego, establécense excepcións singulares ás limitacións existentes en materia de transferencias de crédito.

No título II, ademais do incremento das retribucións do persoal que presta os seus servicios no sector público da Comunidade Autónoma, que se actualiza conforme a previsión de evolución do índice de prezos ó consumo (IPC), establécese o número máximo de mensualidades que poderán alcanza-las indemnizacións que se é o caso se establezan nos supostos de extinción anticipada de relación laboral do persoal de alta dirección. Por outra parte, prevese un tratamento singularizado, respecto ó do restante persoal de carácter temporal, para a imputación do gasto derivado da contratación de persoal sometido á regulación especial da relación laboral de artistas en espectáculos públicos, así como da contratación de persoal eventual dedicado a tarefas de extinción de incendios forestais.

Como confirmación do equilibrio inicial que se desprende dos estados numéricos do orzamento entre os ingresos procedentes de operacións de crédito e os gastos derivados das amortizacións de débeda, no título III da lei establécese que a posición neta debedora da Comunidade Autónoma tampouco poderá experimentar variación á fin do exercicio. Desa forma incorpórase a unha norma xurídica de maior rango a decisión de dete-lo crecemento do endebedamento.

No que respecta ás normas tributarias, no título IV disponse a actualización con carácter xeral dos tipos das taxas de contía fixas establecidos no Decreto lexislativo 1/1992, ademais da modificación singularizada dalgunhas delas.

Dentro do título V, referente á xestión orzamentaria, e conforme a modificación introducida pola Lei de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, no artigo 97 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que remite á Lei de orzamentos de cada exercicio a determinación do importe dos gastos de obras e de adquisición de bens e servicios non sometidos a intervención previa, establécese esa contía para o ano 2001 en 1.100.000 ptas., polo tanto déixase invariable o importe que nun sentido equivalente se aplicaba no exercicio anterior.

Tamén nesta mesma parte do articulado se establece que a fiscalización de nomeamentos ou con

necesidade e de urxencia deberá realizarse con carácter previo á alta en nómina, e determínase o sistema de garantías que deberá seguirse no procedemento de control subseguinte.

O tratamento que ten que dárselles ós créditos destinados ó pagamento de expropiacións que non chegasen a ser aboadas dentro dun exercicio, para garanti-la xeración de crédito coa mesma finalidade no ano seguinte, e a modificación dalgúns aspectos, que se demostraron perfectibles, recollidos na Lei de orzamentos do ano 2000, referentes ás modalidades de pagamento e ás garantías esixibles en materia de axudas e subvencións, son outros temas abordados dentro do título da xestión orzamentaria, que se completa coa autorización ó Consello da Xunta para establecer, en función dos acordos que poidan alcanzarse por representacións sindicais e patronais, os módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados.

Finalmente, e dentro das disposicións adicionais, parece oportuno menciona-lo incremento experimentado pola contía do complemento variable da renda de integración social, seguindo a liña de anos anteriores.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

TÍTULO I

Da aprobación dos orzamentos e das súas modificacións

Capítulo I

Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral e os dos organismos autónomos.

b) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os orzamentos dos demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2.-Orzamentos da Administración xeral e dos organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse créditos por importe de 1.124.526.155.000 pesetas, distribuídas da forma seguinte:

(Miles de ptas.)

OrganismoCap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral676.545.29712.074.44535.860.000724.479.742

OO. AA. administrativos361.150.717104.000361.254.717

OO. AA. comerciais, industriais e financeiros38.486.696305.00038.791.696

Total1.076.182.71012.483.44535.860.0001.124.526.155

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos organismos autónomos representan 47.671.873.000 pesetas, distribuídas segundo o seguinte detalle:

(Miles de ptas.)

OrixeDestino

Administración

xeral

OO.AA.

administrativos

OO.AA.

comerciais,

industriais e

financeiros

Total

Administración xeral21.756.17725.915.69647.671.873

Total21.756.17725.915.69647.671.873

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:

Funcións(Miles de ptas.)

11Alta dirección da Comunidade Autónoma5.082.566

12Administración xeral19.486.294

13Administración electoral e partidos políticos1.334.700

21Seguridade Social e protección social40.135.913

23Protección civil e seguridade1.735.619

24Promoción do emprego29.815.148

31Sanidade354.561.416

32Educación252.600.807

33Vivenda e urbanismo25.242.240

34Benestar comunitario18.597.923

35Cultura27.018.919

36Outros servicios comunitarios e sociais12.462.839

41Infraestructura básica e do transporte35.573.855

42Outras infraestructuras17.210.775

43Investigación científica, técnica e aplicada8.081.342

44Información estatística básica916.046

51Actuacións económicas xerais11.379.802

52Comercio3.421.596

53Actividades financeiras6.140.450

61Agricultura, gandería, silvicultura e pesca30.394.204

62Industria1.431.500

63Enerxía3.456.220

64Minería265.808

65Turismo492.686

66Industrialización e reordenación industrial12.248.130

67Desenvolvemento empresarial75.000

71Complexo agrogandeiro15.933.712

72Complexo mar-industria15.685.945

73Complexo silvicultura-madeira2.750.000

74Actividades prioritarias do sector industrial2.327.000

75Complexo turístico, loxística e servicios a empresas6.693.742

81Transferencias a entidades locais96.034.900

91Débeda pública65.939.058

Total1.124.526.155

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

Catro.-Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevé liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 1.124.526.155.000 pesetas, distribuídas da seguinte forma:

(Miles de ptas.)

OrganismoCap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral686.029.7422.590.00035.860.000724.479.742

OO. AA. administrativos361.150.717104.000361.254.717

OO. AA. comerciais, industriais e financeiros38.786.6965.00038.791.696

Total1.085.967.1552.699.00035.860.0001.124.526.155

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 5.553.851.000 pesetas, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións e doazóns: 783.159.000.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 814.865.000.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 3.955.827.000.

En cumprimento do establecido no artigo 42.2 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 2.260.850.000 pesetas.

Artigo 3.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Orzamento das sociedades mercantís.

As dotacións concedidas e os recursos estimados das sociedades públicas de carácter mercantil elévanse a 63.318.000.000 de pesetas, de acordo coa distribución que se indica:

(Miles de ptas.)

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.29.556.00029.556.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.1.832.0001.832.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.1.553.0001.553.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.979.000979.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.2.452.0002.452.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.3.727.0003.727.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo4.137.0004.137.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia425.000425.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia865.000865.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.3.621.0003.621.000

Galicia Calidade, S.A.261.000261.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia2.110.0002.110.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.261.000261.000

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.10.345.00010.345.000

Xenética Fontao, S.A.125.000125.000

Retegal, S.A.730.000730.000

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.339.000339.000

Total63.318.00063.318.000

Dous.-Orzamento dos restantes entes públicos.

Os estados de gastos e ingresos dos entes públicos ós que se refire o apartado c) do artigo 1 acadan un total de 51.804.000.000 de pesetas, detallados como segue:

(Miles de ptas.)

Entidades públicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades17.081.00017.081.000

Instituto Galego de Promoción Económica13.262.00013.262.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.547.0001.547.000

Portos de Galicia5.017.0005.017.000

Obras e Servicios Hidráulicos119.000119.000

Consello Económico e Social164.000164.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía432.000432.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira1.840.0001.840.000

Fundación Hospital Comarcal A Barbanza1.981.0001.981.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable1.640.0001.640.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria406.000406.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde168.000168.000

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)2.729.0002.729.000

Instituto Enerxético de Galicia395.000395.000

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés844.000844.000

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia4.179.0004.179.000

Total51.804.00051.804.000

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital das sociedades públicas que se indican seguidamente, con cargo ós orzamentos de gastos das consellerías ou dos organismos autónomos ós que figuran adscritas:

(Miles de ptas.)

Sociedade públicaConsellería ou

organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de

explotación

Subvención

de

capital

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de GaliciaPresidencia e Administración Pública95.0000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de GaliciaPresidencia e Administración Pública502.00095.000

Instituto Galego de Promoción EconómicaEconomía e Facenda8.061.0002.225.000

Consello Económico e SocialEconomía e Facenda157.0004.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e ContableEconomía e Facenda654.000705.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.Economía e Facenda16.0000

Portos de GaliciaPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda02.689.000

Galicia Calidade, S.A.Industria e Comercio50.000120.000

Instituto Enerxético de GaliciaIndustria e Comercio250.00080.000

Xenética Fontao, S.A.Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia30.00020.000

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedadesCultura, Comunicación Social e Turismo01.266.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo349.000900.000

S.A. de Xestión do Plan XacobeoCultura, Comunicación Social e Turismo3.400.000340.000

Retegal, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo77.00025.000

Fundación Pública Cidade da Cultura de GaliciaCultura, Comunicación Social e Turismo95.0003.055.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración SanitariaSanidade e Servicios Sociais274.0000

(Miles de ptas.)

Sociedade públicaConsellería ou

organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de

explotación

Subvención

de

capital

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da SaúdeSanidade e Servicios Sociais46.0000

Total14.056.00011.524.000

Capítulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 4.-Réxime xeral das modificacións orzamentarias.

Un.-As modificacións de créditos orzamentarios unicamente poderán ser autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do disposto neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, recollendo adecuadamente os motivos que a xustifican, tanto os referentes á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Artigo 5.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e con validez exclusiva para o ano 2001, atribúenselle ó conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorpora-los créditos de exercicios anteriores, que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para incorpora-lo crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte co establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ó crédito 11.03.212A.481.1 (risga), do orzamento do ano 2001, o crédito 11.03.212A.481.1 do ano 2000, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas, prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas consellerías no anexo I desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 9.

e) Para xerar crédito polo importe que corresponda ós maiores ingresos pola prestación do servicio de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

f) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das sancións impostas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, derivadas da inspección de urbanismo no medio rural, e pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que deriven das inspeccións realizadas pola Dirección Xeral de Turismo, respecto das previsións inicialmente establecidas, que figuran no anexo II.

En sentido contrario, na medida en que durante o transcurso do exercicio se considere que as previsións de recadación non serán cumpridas, efectuarase retención de crédito polo importe que se estime non realizable.

g) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores por participación nos ingresos do Estado e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.

h) Para xerar crédito, na aplicación orzamentaria correspondente, por contía igual ó importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

i) Para xerar crédito no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou se é o caso nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

j) Para xerar crédito destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiación, no suposto previsto no artigo 37 desta lei.

k) En relación co orzamento do Servicio Galego de Saúde:

1) Para xerar ou minorar créditos por un importe igual á diferencia que poida resultar entre as previsións iniciais de transferencias procedentes dos orzamentos da Seguridade Social e as que efectivamente se liquiden.

2) Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Sergas:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servicios sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

3) Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ás achegas das corporacións locais destinadas ó financiamento dos seus centros e servicios sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma.

l) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecua-los créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

m) Para introduci-las variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Artigo 6.-Vinculación de créditos.

Un.-Sen prexuízo do disposto no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, considéranse vinculantes, co grao de desagregación que a continuación se indica, os seguintes créditos:

130.02, «Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade».

202, «Edificios e outras construccións».

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

222.00, «Comunicacións telefónicas».

223.08, «Transporte escolar».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións e conferencias».

226.99, «Outros».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 06.03.413B.600.2 e ás diferentes aplicacións do capítulo VI denominadas «Obra nova por mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia».

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 7.-Créditos ampliables.

Con independencia dos supostos previstos no apartado a) do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, durante o ano 2001 terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 05.03.531A.226.05, destinados ó pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferencia existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesourería que resulten como consecuencia da súa xestión.

Artigo 8.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, durante o ano 2001 non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restricción non lles será aplicable ós incrementos do capítulo I que se é o caso poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», 11, «Sanidade e Servicios Sociais», e 14, «Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude» no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada no punto anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 10% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servicio Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ó asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación fose a de realización de obra ou servicio prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio do ano 2001 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda».

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

Esas limitacións non afectarán o Sergas cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificación no funcionamento dos servicios que deban ser coñecidas polos usuarios para permitírlle-la súa mellor utilización, polo que respecta á aplicación 226.02, ou cando veñan orixinadas por necesidades excepcionais de realización de probas de laboratorio en centros externos, no referente á aplicación 227.06.

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nos apartados b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, entenderanse referidas, no orzamento do Servicio Galego de Saúde, ó orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós orzamentos totais.

Cinco.-Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servicio Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por te-la consideración de simples redistribucións de crédito.

Seis.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto

lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e nos apartados anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellería durante o presente exercicio non poderá diminuí-las consignacións iniciais, ó nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:

a) Cando afecten o capítulo I de gastos.

b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellerías».

c) Cando afecten o centro de xestión 5001 do Servicio Galego de Saúde.

d) Cando correspondan á xestión dos fondos finalistas, procedentes da Administración xeral do Estado, correspondentes a competencias asumidas pola Comunidade Autónoma no ámbito das políticas activas de emprego.

Sete.-Os expedientes de transferencias de crédito incluirán en tódolos casos informe da intervención delegada referente polo menos ós seguintes aspectos:

a) Cumprimento do establecido no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e nas normas concordantes, sobre as limitacións que afectan as transferencias de crédito.

b) Adecuación e dispoñibilidade de crédito que se pretende minorar.

c) Calquera outra cuestión relacionada co cumprimento da normativa vixente en materia de transferencias de crédito.

Oito.-Os expedientes que se tramiten para a autorización de transferencias de crédito desde as partidas correspondentes ó Plan de crecemento e emprego que figuran relacionadas na memoria de obxectivos e programas destes orzamentos deberán incluír informe da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Artigo 9.-Adecuación de créditos.

Para facilita-la consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2001, os créditos incluídos nos estados de gastos experimentarán os axustes necesarios para acomoda-lo seu importe ó dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

Sen prexuízo do indicado no artigo 5.l) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumpri-lo previsto no parágrafo anterior.

TÍTULO II

Dos gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 10.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2001 un incremento global superior ó 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2000, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ó establecido neste artigo, resultando inaplicables en caso contrario.

Tres.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Catro.-Este artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de centros da súa rede hospitalaria.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

f) As fundacións nas que exista maioría de capital público da Xunta.

Artigo 11.-Criterios retributivos aplicables ó persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non sometido a lexislación laboral.

a) As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2000, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo

un incremento do 2% con respecto ó do exercicio de 2000, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 12.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no número Catro do artigo 10 non poderá experimentar un crecemento global superior ó 2% respecto da correspondente ó ano 2000, sen prexuízo do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados durante o ano 2000 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ó réxime privativo de traballo,

xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2001 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 13.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 2001 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente: 12.274.800 pesetas.

Conselleiros: 10.107.960 pesetas.

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados: 8.047.236 pesetas.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no punto Un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ó conselleiro maior, que se fixan para o ano 2001 en 10.756.776 pesetas.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 2001 nas seguintes contías:

Presidente: 10.756.776 pesetas.

Conselleiros: 10.107.960 pesetas.

Catro.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellería á que se atopen adscritos, aínda que en ningún caso poderán experimentar incrementos superiores ó 2% con respecto ás percibidas no ano 2000.

Artigo 14.-Complemento persoal.

Os funcionarios de carreira designados para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servicio permanente, non contractual, con algunha administración pública

non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferencia entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servicios extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle corresponda polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ó incremento retributivo atribuído con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 15.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para o ano 2001 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 16.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 11 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 2001 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

GrupoSoldoTrienios

A1.972.92075.780

B1.674.48060.636

C1.248.20445.504

D1.020.62430.396

E 931.75222.800

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989. Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente reducción proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelPesetas

301.732.416

291.553.964

281.488.600

271.423.224

261.248.612

251.107.792

241.042.428

23 977.100

22 911.712

21 846.468

20 786.300

19 746.124

18 705.960

17 665.784

16 625.692

15 585.504

14 545.376

13 505.200

12 465.012

11 424.908

10 384.744

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía experimentará un incremento do 2% con respecto á aprobada para o exercicio do ano 2000, sen prexuízo do previsto no artigo 11 desta lei.

e) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade deben facerse públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta da consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2001, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, incluso as que poidan derivar do cambio de posto de traballo.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o punto anterior, así como ó persoal eventual e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 17.-Retribucións do persoal ó servicio das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Un.-O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 16.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda, dous, do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ós complementos específicos, complemento de atención continuada e complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, correspondan ó referido persoal experimentará o incre

mento do 2% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2000.

A contía individual do complemento de productividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987 e nas demais normas dictadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 10.Un desta lei.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 18.-Prohibición de ingresos atípicos.

Os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir participación ningunha nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre desfrute de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 19.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 2000 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 7/1999 e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2001 un incremento do 2% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante o ano 2001 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 20.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2001 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente polas consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de servicios sanitarios.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

f) As fundacións nas que exista maioría de capital público da Xunta.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2001, deberá solicitarse da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que se poidan contraer como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2000.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2000.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ó que se refire o punto Un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación de condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) Asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) Aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) Fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) Outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto Un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, achegando a valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2001 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 12 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2001 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 22.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente,

de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autoriza-la inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15% das retribucións que se percibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato, cun máximo de doce mensualidades.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 23.-Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servicios previstos no anexo de investimentos.

Un.-As consellerías e os organismos autónomos poderán formalizar durante o ano 2001 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servicios, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servicios non poidan ser executados por persoal fixo.

Do cumprimento dos anteriores requisitos deberá deixarse constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos terán que formalizarse seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Nos contratos farase consta-la obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ó Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos

públicos, e o gasto que corresponda ás contratacións de persoal eventual dedicado á extinción de incendios forestais, imputarase ó concepto 131 do programa correspondente da consellería de que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada da consellería certificará que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ou nesta propia Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001.

Cinco.-O servicio xurídico da consellería, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non poderán realizarse contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servicios previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ó 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ó capítulo VI do orzamento de gastos da correspondente consellería ata o seu termo.

Artigo 24.-Oferta de emprego público para o ano 2001.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afecta-lo funcionamento dos servicios públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sempre que o número de prazas de novo ingreso sexa inferior ó 25% da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servicios que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Con este

fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

Dous.-A restricción sobre o número de prazas indicada no punto anterior non lles será aplicable ás relativas ó persoal adscrito a centros de ensino, sanitarios e de servicios sociais, que se axustarán en todo caso ós efectivos dotados orzamentariamente.

Tres.-Malia o disposto no apartado Un deste artigo, poderanse convoca-los postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente.

Catro.-Durante o ano 2001 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ó nomeamento de funcionarios interinos, salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Adecuándose estrictamente ás necesidades do servicio e co límite máximo das previsións orzamentarias que se establecen para o efecto, non será necesaria esa autorización para as contratacións seguintes:

a) Persoal docente.

b) Persoal que preste servicios en institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

c) Persoal laboral de centros e residencias de servicios sociais.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servicios.

Cinco.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos ós que se refire o apartado b) do punto 1 do artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia deberán ser autorizadas conxuntamente polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Seis.-En todo caso, en materia de oferta de emprego público teranse en conta os criterios establecidos na normativa básica estatal.

Artigo 25.-Autorización dos custos de persoal das universidades de Galicia.

Un.-De conformidade co disposto no artigo 54.4 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, autorízanse para o ano 2001 os custos de persoal funcionario, docente e non docente, das

universidades de competencia da Administración autonómica, polos importes que se indican a continuación:

UniversidadePersoal

funcionario

docente

Persoal

funcionario

non docente

Santiago de Compostela7.674.811.9681.486.145.146

A Coruña4.459.544.2241.329.389.015

Vigo4.791.725.7711.484.753.400

Dous.-As universidades de competencia da Administración da Comunidade Autónoma ampliarán os seus créditos do capítulo I en función da distribución que do crédito 07.05.322C.440.0 realice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, caso no que non será aplicable o contido do artigo 55.1 da citada Lei orgánica de reforma universitaria.

Artigo 26.-Autorización para regula-lo persoal sanitario funcionario pertencente á clase de matronas titulares.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes, para dicta-las disposicións e adopta-los acordos que afecten o réxime xurídico e retributivo do persoal sanitario funcionario pertencente á clase de matronas titulares que sexan necesarios para a implantación da nova ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, coa adecuación funcional, territorial e retributiva dos seus postos de traballo, sen menoscabo do respecto ó estatuto funcionarial destes profesionais.

TÍTULO III

Das operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 27.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-A posición neta debedora da Comunidade Autónoma á fin do exercicio non experimentará variación.

Dous.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2001 non poderá superar en ningún caso a cifra existente ó peche do exercicio do ano anterior.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 28.-Débeda da tesourería.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio do ano 2001, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e os conceptos 400 e 408.

Artigo 29.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio do ano 2001 os organismos autónomos e as sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesourería, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación de pasivos establecida nos orzamentos iniciais dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Tres.-En todo caso, as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberanlle ser comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 30.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que poderán ser concedidos pola Xunta de Galicia durante o ano 2001 será de 2.000.000.000 de pesetas.

Con independencia desa cantidade, o Igape poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 25.000.000.000 de pesetas.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Igape ata un importe igual ó non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida supera-la cifra de 27.000.000.000 de pesetas.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellería correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ó abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, se afectase grave ou substancialmente o mantemento da capacidade productiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

Título IV

Normas tributarias

Capítulo único

Tributos propios

Artigo 31.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas que o modifican, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,03 ás contías esixibles á entrada en vigor desta lei, exceptuando as tarifas que experimenten algunha modificación na contía no número Dous deste artigo; este coeficiente seralles aplicable ás contías que con carácter mínimo ou máximo se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa coma variable.

O resultado da aplicación do anterior coeficiente obterase tendo en conta a seguinte norma de redondeo: redondéase ó 5 as comprendidas entre o 1 e o 5, e ó 0 as comprendidas entre o 6 e o 9, co aumento neste último suposto dunha cantidade na cifra das decenas. Cando o redondeo sexa inferior a 20 pesetas non se redondeará, tampouco se producirá ese redondeo cando se trate de tarifas fixadas en función dalgún tipo de unidade e exista un máximo fixado nela e se obteña un redondeo inferior a 100 pesetas.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias.

Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, na súa redacción vixente:

1) Modifícase o apartado 19 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«19. Inscrición para a realización de probas extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca e mergullo: 2.500 ptas.».

2) Modifícase o apartado 20 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«20. Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE e dos seus duplicados:

TítuloTarifa normalFamilia

numerosa

1ª categoría

Familia

numerosa

2ª categoría

Duplicado

-Bacharel6.970 ptas.3.490 ptas.0 ptas.640 ptas.
-Técnico2.850 ptas.1.430 ptas.0 ptas.330 ptas.
-Técnico superior6.970 ptas.3.490 ptas.0 ptas.640 ptas.
-Conservación e restauración de bens culturais6.970 ptas.3.490 ptas.0 ptas.640 ptas.
-Certificado de aptitude ciclo superior do primeiro nivel de ensinanzas especializadas de idiomas3.345 ptas.1.675 ptas.0 ptas.320 ptas.
-Profesional de música3.330 ptas.1.665 ptas.0 ptas.310 ptas.»

3) Suprímese o subapartado 02 do apartado 21 do artigo 18.

4) Modifícase o subapartado 03 do apartado 21 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«03. Por expedición de tarxetas acreditativas das titulacións ou certificados anteriores: 7.000 ptas.».

5) Modifícase o subapartado 04 do apartado 21 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«04. Renovación de tarxetas acreditativas das titulacións de patrón de embarcación de lecer: 4.000 ptas.

Cando as anteriores renovacións teñan un período de validez de 2 anos: 800 ptas.».

6) Modifícase a redacción do apartado 26 do artigo 18, que queda como segue:

«26. Emisión de tarxetas correspondentes ós certificados profesionais de pesca e mergullo.».

7) Engádeselle o apartado 31 ó artigo 18, coa seguinte redacción:

«31. Homologación da formación e cualificación dos mediadores e inscrición no rexistro de mediadores:

01. Homologación e inscrición no rexistro: 15.000 ptas.

02. Renovación da homologación: 2.000 ptas.».

8) Engádeselle o apartado 32 ó artigo 18, coa seguinte redacción:

«32. Emisión de certificacións de execución de obras públicas: 1.000 ptas.».

9) Modifícase o subapartado 01 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«01. Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das ganderías afectadas e nas campañas de saneamento cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula ou para movemento pecuario fóra do período de revisión obrigatoria, ou por perda da identificación do gando:

-Por explotación: 15.000 ptas.

-Por cada animal:

-Équidos, bóvidos, ovino, caprino e similares (por cabeza): 515 ptas.

Mínimo: 10.000 ptas.

Máximo: 30.900 ptas.

-Porcino (por cabeza): 105 ptas.

Máximo: 12.345 ptas.

-Aves, coellos, visóns e similares (por cabeza): 2,31 ptas.

Máximo: 6.170 ptas.

-Colmeas, por unidade: 66 ptas.

Máximo: 6.170 ptas.».

10) Modifícase o subapartado 02 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«02. Prestación de servicios facultativos relacionados coas análises, dictames, peritaxes, etc., cando así o esixa a normativa vixente:

-Por análises fisicoquímicas ou bromatolóxicas (por determinación): 790 ptas.

Máximo: 6.170 ptas.

-Por reconto celular:

-Por mostra de leite: 52 ptas.

-Por outras mostras: 130 ptas.

Máximo: 1.245 ptas.

-Illamento e identificación bacteriolóxicos:

-Por mostra de leite: 105 ptas.

-Por outras mostras: 290 ptas.

Máximo: 1.245 ptas.

-Determinación de susceptibilidade de antimicrobianos e inhibidores do crecemento con mostras ou tecidos ou secrecións de animais:

-Por mostra de leite: 155 ptas.

-Por outras mostras: 405 ptas.

-Análises parasitolóxicas (por mostra): 405 ptas.

-Serodiagnóstico e probas alérxicas (por determinación): 445 ptas.

-Porcino: cada 30 mostras e por enfermidade investigada correspondentes a explotacións integradas en agrupacións de defensa sanitaria: 430 ptas.

-Necropsias e análises anatomopatolóxicas por mostra ou animal:

-Vacún, equino e similares (adultos): 2.480 ptas.

-Porcino, ovino, caprino, cans e similares: 1.860 ptas.

-Aves, coellos ou similares: 630 ptas.

-Análise histopatolóxica (por animal): 810 ptas.

-Análise virolóxica:

-Illamento e identificación (por mostra): 810 ptas.

-Outras técnicas virolóxicas (por técnica): 445 ptas.

-Contrastación de doses seminais de vacún: 3.000 ptas.

-Mínimo, en calquera caso: 415 ptas.».

11) Modifícase o subapartado 03 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«03. Autorizacións e revisións relativas ás actividades previstas nos artigos 4, 39, 56, 76, 87 e 92 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre os medicamentos veterinarios:

-Autorización inicial, ampliación ou cambio de localización:

-Centros elaboradores de autovacinas: 22.000 ptas.

-Resto das autorizacións previstas: 18.000 ptas.

-Revisión:

-Centros elaboradores de autovacinas: 12.000 ptas.

-Resto das autorizacións previstas: 9.000 ptas.».

12) Modifícase o subapartado 04 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«04. Expedición de certificados zoosanitarios e zootécnicos, incluídos os relacionados con movementos de animais vivos e productos de orixe animal (mínimo 415 ptas. por cada certificación):

-Équidos, bóvidos adultos e similares (por animal): 335 ptas.

Máximo: 6.685 ptas.

-Ovino, caprino, porcino, tenreiros, colmeas e similares (por animal ou colmea): 62 ptas.

Máximo: 1.860 ptas.

-Leitóns, cordeiros, cabritos e animais de peletería (por animal): 36 ptas.

Máximo: 1.860 ptas.

-Coellos e similares, galiñas e outras aves (por animal), esperma, óvulos e embrións (por unidade): 1,24 ptas.

Máximo: 1.860 ptas.

-Peixes vivos, gametos e moluscos para reaparcamento ou depuración, por tonelada ou fracción: 260 ptas.

Máximo: 3.095 ptas.

-Productos de orixe animal, incluídos os destinados a alimentación animal (por tonelada): 315 ptas.

Máximo: 3.710 ptas.

-Certificado de transporte: 400 ptas.

-Comprobación de carga:

* Équidos, bóvidos e similares: 17.465 ptas.

* Porcino, ovino, caprino e similares: 11.645 ptas.

* Aves, coellos, visóns, colmeas e similares: 5.820 ptas.

-Esperma, óvulos e embrións (por unidade): 2,06 ptas.

Máximo: 5.000 ptas.».

13) Modifícase o subapartado 05 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«05. Autorización, vixilancia e revisión de operacións de desinfección:

-Por autorización de centro de desinfección: 10.000 ptas.

-Por revisión anual dos centros de desinfección: 5.000 ptas.

-Por vixilancia e revisión das operacións en vehículo ou embarcación: 1.080 ptas.

-Por vixilancia e revisión das operacións en local, nave ou explotación: 1.350 ptas.».

14) Modifícase o subapartado 06 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«06. Autorizacións de delegacións e depósitos de productos xenéticos, centros de recollida de esperma e inseminación artificial e autorizacións de paradas de sementais, e revisión anual das autorizacións e dos animais aloxados nos devanditos centros:

-Por autorización de delegacións de productos xenéticos: 13.355 ptas.

-Por autorización de depósito de productos xenéticos: 9.730 ptas.

-Por revisión anual de delegacións: 6.490 ptas.

-Por revisión anual de depósitos: 3.900 ptas.

-Por autorización de centros de recollida de esperma e inseminación artificial: 13.355 ptas.

-Por autorización de parada de sementais: 3.000 ptas.

-Por revisión anual dos animais aloxados nos devanditos centros:

-Por revisión de sementais:

-Equinos e bovinos (por unidade): 1.000 ptas.

-Ovinos, caprinos e porcinos (por unidade): 200 ptas.».

15) Modifícase o subapartado 09 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«09. Autorización e rexistro de comerciantes de gando e centros de concentración:

-Autorización e rexistro de operadores comerciais de gando: 1.350 ptas.

-Expedición e actualización da acreditación de operador comercial de gando: 1.350 ptas.

-Expedición de duplicados da acreditación de operador comercial de gando: 2.700 ptas.

-Autorización de centros de concentración: 15.000 ptas.

-Revisión e renovación anual: 5.000 ptas.».

16) Suprímese o subapartado 17 do apartado 07 do artigo 23.

17) Suprímese o subapartado 18 do apartado 07 do artigo 23.

18) Engádeselle o subapartado 24 ó apartado 07 do artigo 23, coa seguinte redacción:

«24. Autorizacións e revisións de fábricas de penso para a elaboración e comercialización de pensos medicamentosos consonte co Real decreto 157/1995, do 3 de febreiro, e dos centros de dispensación destes (neste último caso, non será acumulativa coa taxa 31.07.03 cando o dispensador solicite conxuntamente autorización como dispensador de medicamentos veterinarios e pensos medicamentosos):

-Autorización inicial, ampliación e cambio de localización:

-Fabricación de pensos medicamentosos: 28.000 ptas.

-Dispensación de pensos medicamentosos: 18.000 ptas.

-Revisión:

-Fabricación de pensos medicamentosos: 15.000 ptas.

-Dispensación de pensos medicamentosos: 9.000 ptas.».

19) Engádeselle o subapartado 25 ó apartado 07 do artigo 23, coa seguinte redacción:

«25. Autorizacións e/ou rexistros de establecementos intermediarios do sector de alimentación animal na Comunidade Autónoma de Galicia consonte co Decreto 92/1999, do 25 de marzo, que desenvolve o Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño:

-Autorización inicial, ampliación ou cambio de localización:

-Fabricación de aditivos, productos, premesturas ou pensos: 35.000 ptas.

-Intermediarios de aditivos, productos ou premesturas: 18.000 ptas.

-Rexistro inicial, ampliación ou cambio de localización:

-Fabricación de aditivos, productos, premesturas ou pensos: 30.000 ptas.

-Intermediarios de aditivos, productos ou premesturas: 18.000 ptas.

Revisión:

-Fabricación de aditivos, productos, premesturas ou pensos: 15.000 ptas.

-Intermediarios de aditivos, productos ou premesturas: 9.000 ptas.».

20) Modifícase o subapartado 01 do apartado 14 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«01. Autorización previa de instalación ou modificación:

a) Fase de estudio e informe do proxecto de instalación ou modificación:

-Hospitais e balnearios: 33.370 ptas.

-Servicios sanitarios hospitalarios: 26.700 ptas.

-Servicios de farmacia de centros hospitalarios: 26.700 ptas.

-Servicios de farmacia de centros de asistencia social e psiquiátricos: 26.700 ptas.

-Unidade de radiofarmacia: 26.700 ptas.

-Oficinas de farmacia: 81.885 ptas.

-Boticas anexas de medicamentos e productos sanitarios: 20.475 ptas.

-Servicios farmacéuticos de explotacións gandeiras, comerciais retallistas e boticas anexas de urxencia: 19.535 ptas.

-Unidades de dosificación de medicamentos: 21.140 ptas.

-Centros de distribución de medicamentos e productos sanitarios: 51.245 ptas.

-Resto de centros, servicios ou establecementos sanitarios: 13.355 ptas.

b) Fase de estudio e informe do proxecto para o traslado e a transmisión de:

-Oficinas de farmacia: 40.945 ptas.

c) Fase de estudio do proxecto para o peche ou a supresión de:

-Oficinas de farmacia: 20.475 ptas.

-Centros de distribución de medicamentos e productos sanitarios: 12.810 ptas.

-Unidades de radiofarmacia: 6.675 ptas.».

21) Modifícase o subapartado 02 do apartado 14 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«02. Autorización de funcionamento:

-Fase de visita de inspección, unha vez finalizadas as obras e instalado o equipamento e a emisión do informe previo ó permiso para a súa apertura: 13.355 ptas.».

22) Engádeselle o subapartado 07 ó apartado 14 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«07. Autorización de funcionamento segundo a normativa vixente en materia de autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios en funcionamento: 25.930 ptas.».

23) Engádeselle o subapartado 08 ó apartado 14 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«08. Renovación, autorización de funcionamento: 12.965 ptas.».

24) Modifícase a redacción do apartado 17 do artigo 23, que queda como segue:

«17. Autorización e/ou acreditación de centros sanitarios extractores e transplantadores de órganos, ou de obtención e implantación de tecidos.».

25) Modifícase o subapartado 19 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«19. Actuacións en materia de turismo:

01. Apertura e clasificación; cambios de grupo, categoría, titularidade, especialidade, modalidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística de establecementos hoteleiros, extrahoteleiros e turismo rural:

* Establecementos de ata 10 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 7.875 ptas.

-Cambios: 3.940 ptas.

* Establecementos de 11 a 20 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 11.250 ptas.

-Cambios: 5.625 ptas.

* Establecementos de 21 a 50 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 20.245 ptas.

-Cambios: 10.125 ptas.

* Establecementos de 51 a 100 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 28.115 ptas.

-Cambios: 14.060 ptas.

* Establecementos de máis de 100 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 33.740 ptas.

-Cambios: 16.870 ptas.

03. Apertura e clasificación; cambios de categoría, titularidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística dos campamentos de turismo:

* Campamento de turismo de ata 100 prazas:

-Apertura e clasificación: 16.875 ptas.

-Cambios: 8.435 ptas.

* Campamento de turismo de 101 a 200 prazas:

-Apertura e clasificación: 22.495 ptas.

-Cambios: 11.250 ptas.

* Campamento de turismo de máis de 200 prazas:

-Apertura e clasificación: 28.115 ptas.

-Cambios: 14.060 ptas.

04. Autorización, concesión dos títulos licencia, cambios de grupo, titularidade, domicilio e calquera outro suxeito a autorización turística das axencias de viaxes e das sucursais:

* Axencias de viaxes:

-Concesión título licencia: 28.115 ptas.

-Cambios: 14.060 ptas.

* Sucursais:

-Autorización: 11.250 ptas.

-Cambios: 5.625 ptas.

05. Apertura e clasificación; cambios de categoría, titularidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística de restaurantes, cafeterías, cafés, bares e discotecas, salas de festas e empresas de catering e de colectividades:

-Apertura e clasificación: 10.920 ptas.

-Cambios: 5.460 ptas.

06. Expedición da habilitación de guía de turismo especializado de Galicia: 5.460 ptas.

07. Inscrición para participar nos exames para a habilitación de guía de turismo especializado de Galicia: 5.460 ptas.

08. Renovación das habilitacións de guía de turismo especialidade de Galicia: 2.060 ptas.

09. Autorización e cambios de titularidade, modificacións e calquera outro suxeito a autorización turística das empresas relacionadas coa organización de actividades de turismo activo:

-Autorización: 10.300 ptas.

-Cambios: 5.150 ptas.».

26) Modifícase o subapartado 06 do apartado 07 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«06. Autorización de organismos notificados, laboratorios de ensaio, entidades auditoras e de inspección e laboratorios de calibración industrial: 30.850 ptas.».

27) Engádeselle o subapartado 15 ó apartado 07 do artigo 24, coa seguinte redacción:

«15. Autorización de organismos de control autorizados e verificadores medioambientais: 30.850 ptas.».

28) Engádeselle o subapartado 16 ó apartado 07 do artigo 24, coa seguinte redacción:

«16. Renovación da autorización de utilización de productos: 6.175 ptas.».

29) Modifícase o subapartado «e)» do apartado 29 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«e) Perímetros de protección:

-Polas primeiras trinta hectáreas: 200.000 ptas.

-Por cada unha das restantes: 500 ptas.».

30) Suprímese o apartado 30 do artigo 24.

31) Modifícase o subapartado 02 do apartado 39 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«02. Cambio de titularidade, renovación da autorización e inscrición: sobre a tarifa anterior devengarase o 50% desta.».

32) Modifícase o apartado 47 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«47. Autorizacións para realizar comprobacións de tensións de paso e de contacto de instalacións de posta a terra: 11.985 ptas.».

33) Modifícase o apartado 05 do artigo 28, que queda redactado como segue:

«05. Venda do libro Diario de mergullo: 500 ptas.».

TÍTULO V

Da xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 32.-Intervención limitada.

A contía á que se refire o artigo 97.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida en 1.100.000 pesetas para o exercicio do ano 2001.

Artigo 33.-Fiscalización de nomeamentos ou contratos para substitución de persoal.

A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, verificándose a adecuación do proceso de selección coa normativa vixente, e a existencia de nomeamento ou de contrato, e de crédito adecuado e suficiente de acordo co procedemento de control que para o efecto determine a intervención xeral.

Artigo 34.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola intervención delegada da consellería correspondente, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 35.-Autorización de gastos polo Consello da Xunta.

Requirirá autorización previa por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de gasto dos capítulos II e VI por contía superior a 500.000.000 de pesetas. Unha vez obtida a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ó órgano de contratación da consellería, organismo ou sociedade pública que xestione o crédito.

Artigo 36.-Gastos plurianuais.

Con independencia dos supostos previstos no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, por acordo do

Consello da Xunta poderanse adquirir compromisos de gasto de carácter plurianual na tramitación de expedientes que teñan algunha das seguintes finalidades:

a) Adquisición de vivendas para a cualificación de promoción pública.

b) Adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial.

c) Concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios.

d) Axudas económicas persoais e para o apoio financeiro en vivendas sociais.

e) Concesión de subvencións para subsidiación de xuros de préstamos para vivendas de protección oficial.

f) Contratos de seguros de xestión centralizada.

Artigo 37.-Tratamento dos créditos para expropiacións.

Os créditos destinados ó pagamento de expropiacións autorizadas con motivo da realización de expedientes de obras, que á fin do anterior exercicio desen lugar á emisión de documentos «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, serán considerados no ano 2001 como ingresos do artigo 68, «Reintegros por operacións de capital», e darán lugar á xeración de crédito no subconcepto de expropiacións do capítulo VI de gastos.

Artigo 38.-Tramitación urxente de expedientes de obras.

Con carácter xeral autorízaselles ós órganos de contratación a tramitación urxente, prevista no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Para os efectos do establecido neste artigo, son órganos de contratación da Xunta os establecidos no artigo 72 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 39.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2001 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como as revisións de prezos e tarifas de concertos ou convenios establecidos con anterioridade, non poderán supera-lo incremento do índice de prezos ó consumo (IPC) galego durante o exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteración das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e

Facenda, por proposta da consellería correspondente, poderá autoriza-la inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 40.-Concesión directa de axudas e subvencións.

Con independencia do disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servicios ou actividades de carácter público ou de interese xeral, ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promove-la concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumpri-la entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promove-la consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 1.000.000 de pesetas por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellería non excedan globalmente de 10.000.000 de pesetas no exercicio. Estes importes elevaranse a 3.000.000 e 40.000.000 de pesetas, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, dándolle conta á comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión deberán ser adoptados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da consellería competente por razón da materia.

Artigo 41.-Pagamento e garantías das axudas e subvencións.

Sen prexuízo da xustificación ou liquidación definitiva das subvencións ás que se refire o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e do control e da fiscalización posterior do gasto incorrido, así como das funcións de inspección e control financeiro pertinentes, poderán efectuarse pagamentos parciais ou anticipos de pagamentos sobre a subvención ou

axuda concedida, nos casos e coas condicións seguintes:

Un.-Subvencións correntes:

Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, e librarase o importe restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións coas que foi concedida.

Cando o importe da axuda ou subvención supere a cifra de 1.000.000 de pesetas e se conceda baixo principios de publicidade e concorrencia a entidades sen ánimo de lucro, poderá autorizarse un anticipo do 10% da subvención no momento da concesión, sempre que a norma reguladora ou convocatoria así o prevexa e estableza os medios documentais de xustificación provisional que deban achega-los beneficiarios. Excepcionalmente, e logo da oportuna xustificación, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar que a norma reguladora ou convocatoria prevexa anticipos, no momento da concesión da subvención, nunha porcentaxe superior á sinalada.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, ata a porcentaxe que estableza a norma reguladora ou convocatoria, que nunca será superior ó 80% da subvención concedida.

Dous.-Subvencións de capital:

1) Naquelas que non excedan de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os investimentos efectuados. Estes pagamentos non superarán o 80% da subvención concedida, e o importe restante librarase no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para as que foi concedida.

2) Igualmente, naquelas que superen a cifra de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e as circunstancias seguintes:

a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifiquen non só o investimento senón os pagamentos efectuados na mesma proporción que represente o pagamento parcial respecto da subvención concedida ata ese momento con cargo ó proceso de investimento aprobado.

c) O importe que poida satisfacerse por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario nin tampouco supera-lo 80% do total da subvención concedida.

d) Os pagamentos parciais quedan condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención e para estes efectos estarán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval subsidiario de entidade de crédito

ou sociedade de garantía recíproca e deberán acadar como mínimo ata os dous meses seguintes ó remate do prazo de xustificación previsto na norma reguladora ou convocatoria. Este aval estará á disposición da consellería xestora e soamente poderá levantarse unha vez que a subvención se liquide definitivamente de conformidade ou que se comprobase a realización da actividade ou do proxecto para o que se concedeu, de conformidade co establecido na resolución de concesión. O dito aval garantirá o principal e os intereses calculados polo xuro legal do diñeiro vixente no momento da concesión e por un prazo que medie entre a data de solicitude e como mínimo aquela na que se cumpran dous meses do remate do prazo de xustificación previsto na norma reguladora ou convocatoria.

Quedan exentos deste requisito os beneficiarios que se citan no apartado Tres deste artigo.

3) Con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería correspondente, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos. No caso de que o anticipo non supere o importe de 5.000.000 de pesetas ou lles corresponda ós beneficiarios que se citan no apartado Tres deste artigo non serán esixibles as garantías previstas no apartado d) do número 2 anterior.

4) Quedan exentas dos requisitos e das limitacións ás que se refiran os apartados Dous e Tres deste artigo as axudas e subvencións instrumentadas mediante convenio con outras administracións públicas, que se xestionarán nos termos previstos nel.

5) Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse á súa normativa reguladora.

Tres.-De acordo coa natureza e co réxime das subvencións concedidas con cargo ós orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentas de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma e das súas sociedades públicas, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das universidades.

d) As libradas a favor das corporacións locais.

e) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudios en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

f) As subvencións ou axudas con cargo ós créditos orzamentarios correspondentes ó artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que

non superen as 250.000 pesetas individualmente e se concedan con cargo ó artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro».

g) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ó artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 250.000 pesetas.

h) As concedidas ós beneficiarios para a mellora da condición de financiamento que se aboen a través das entidades financeiras correspondentes.

Artigo 42.-Control de axudas financiadas con fondos comunitarios.

De conformidade co disposto no artigo 18.1 do texto refundido da Lei xeral orzamentaria aprobado polo Real decreto lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, nos regulamentos (CEE) números 4042/1989 e 4253/1988, agora integrados no Regulamento (CEE) número 2080/1994, do Consello do 20 de xullo de 1994 (Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca, IFOP), e nas demais disposicións aplicables, correspóndelle no ámbito de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a elaboración e execución dos plans de control sobre beneficiarios de axudas financiadas total ou parcialmente cos fondos comunitarios a que se refiren as citadas normas.

Artigo 43.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa Lei 12/1991 lles corresponde ós traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no punto Seis do artigo 8 desta lei.

Artigo 44.-Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.

Coa finalidade de continua-lo proceso de acercamento das retribucións do profesorado do ensino privado, concertado e subvencionado, ás retribucións do profesorado do ensino público da Comunidade Autónoma, así como de prosegui-lo proceso de aplicación dos equipos docentes de centros pri

vados concertados, autorízase o Consello da Xunta para establecer, en función dos acordos que poidan alcanzarse e dentro dos créditos orzados, o importe anual dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados, dentro dos créditos orzados.

Disposicións adicionais

Primeira.-Información ó Parlamento.

Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) Ampliacións de crédito realizadas para atende-lo pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.

b) Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta ós avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) Compromisos de gasto de carácter plurianual adquiridos conforme a autorización do artigo 36 desta lei.

e) Autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ó consumo (IPC).

f) Concesións de subvencións ou axudas outorgadas polo Consello da Xunta ás que se refiren os apartados b) e c) do artigo 40 desta lei.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizados conforme o previsto na disposición derradeira segunda desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 9.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos e sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ó longo do ano 2001.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Transferencia de remanentes líquidos de tesourería.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferiranlle ó orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesourería non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderá limita-los libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.

Terceira.-Sociedades públicas.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aproba-los orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 2001.

Cuarta.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 2001 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

-7.039 pesetas polo primeiro membro adicional.

-5.668 pesetas polo segundo membro adicional.

-4.284 pesetas por cada un dos restantes membros adicionais.

Quinta.-Competencia para aproba-los criterios de distribución de determinados créditos.

A distribución dos créditos previstos no estado de gastos dos orzamentos no programa 05.06.811B.760.0 realizarase tomando como criterios básicos de referencia os acordos da Comisión Galega de Cooperación Local.

Os créditos da aplicación 13.05.811B.760.0 serán distribuídos de conformidade co disposto no Plan de parques comarcais contra incendios.

Sexta.-Dotación dos fondos Emprende e Adiante.

Se a demanda de apoio a proxectos viables, durante o ano 2001, o fixese necesario, as achegas destinadas a financia-lo desenvolvemento de actuacións dos fondos Emprende e Adiante, que figuran nos orzamentos do Igape, poderán incrementarse conxuntamente nun importe máximo de 1.000.000.000 de pesetas.

A Consellería de Economía e Facenda habilitará, se é o caso, as medidas necesarias para o cumprimento do indicado nesta disposición.

Disposición transitoria

Retribucións do persoal contratado administrativo.

As retribucións do persoal contratado administrativo a que facía referencia a disposición transitoria

terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ata que non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, experimentarán un incremento do 2% respecto das establecidas no ano 2000.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento da lei.

Autorízase o Consello da Xunta para dictar, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Adaptacións técnicas nos orzamentos.

Autorízase a Consellería de Economía e Facenda para que efectúe nos orzamentos da Comunidade Autónoma as adaptacións técnicas que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias desde outras administracións co fin de crea-los programas, as seccións, os servicios e os conceptos orzamentarios que sexan necesarios e autoriza-las transferencias de crédito correspondentes. Estas operacións en ningún caso darán lugar a un incremento do gasto.

Terceira.-Vixencia permanente.

Terá vixencia permanente o artigo 31 desta lei, en canto ás modificacións do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, que incorpora.

Cuarta.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o día 1 de xaneiro do ano 2001.

Santiago de Compostela, vintesete de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

ANEXO I

Artigo 5.d)

(Miles de ptas.)

ConselleríaTaxasPrezosTotal

Presidencia e Administración Pública (DOG)50.00050.000

Presidencia e Administración Pública (oposicións)1.0001.000

Presidencia e Administración Pública (outras)158.303499.739658.042

Economía e Facenda44.21215544.367

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda484.01215.791499.803

Educación e Ordenación Universitaria (oposicións)136.000136.000

Educación e Ordenación Universitaria (outras)144.863172.819317.682

Industria e Comercio785.27094.140879.410

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria184.90541.353226.258

Cultura, Comunicación Social e Turismo48.6508.31556.965

Sanidade e Servicios Sociais313.3951.128.8031.442.198

Pesca, Marisqueo e Acuicultura131.927131.927

Xustiza, Interior e Relacións Laborais171.7188.381180.099

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (TIVE)100.000100.000

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (carné xove)25.00025.000

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (outras)35.533490.969526.502

Medio Ambiente610.212569.5351.179.747

Total3.250.0003.205.0006.455.000

ANEXO II

Artigo 5.f)

(Miles de ptas.)

SanciónsImporte

-Inspección Dirección Xeral de Turismo65.000

-Inspección urbanismo medio rural50.000

A) Orzamento da Comunidade Autónoma

Estado de ingresos

Resumo por artigos e capítulos

(Miles de ptas.)

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

1Impostos directos
0Sobre a renda53.944.200
1Sobre o capital20.500.000

74.444.200*

2Impostos indirectos
0Sobre transmisións patrimoniais e A.X.D.37.350.000

(Miles de ptas.)

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

1Tributos propios da Comunidade Autónoma3.520.000

40.870.000*

3Taxas, prezos e outros ingresos
0Taxas administrativas3.250.000
1Prezos3.205.000
2Outras taxas10.600.000
8Reintegros1.924.900
9Outros ingresos2.125.100

21.105.000*

4Transferencias correntes
0Da Administración central do Estado469.720.725
1De Org. autónomos administrativos da Comunidade Autónoma285.000
2Da Seguridade Social11.998.700
9Do exterior11.013.939

493.018.364*

5Ingresos patrimoniais
2Xuros de depósitos1.654.000
9Outros ingresos patrimoniais100.000

1.754.000*

6Alleamento de investimentos reais
0De terreos30.000

30.000*

7Transferencias de capital
0Da Administración central do Estado30.269.162
6De corporacións locais179.350
9Do exterior72.031.539

102.480.051*

8Activos financeiros
5Alleamento de accións do sector público2.590.000

2.590.000*

9Pasivos financeiros
5Préstamos recibidos e emisión de débeda35.860.000

35.860.000*

Total772.151.615

Estado de gastos

Resumo xeral do orzamento de gastos

(Miles de ptas.)

Cap.-1

Cap.-2

Cap.-3

Cap.-4

Cap.-5

Cap.-6

Cap.-7

Cap.-8

Cap.-9

Total

Parlamento1.100.060

645.295

0

219.800

0

708.200

6.500

17.000

0

2.696.855

Consello de Contas495.917

154.424

0

660

0

87.500

0

8.000

0

746.501

Consello da Cultura Galega72.388

160.225

0

32.000

0

34.000

0

0

0

298.613

Presidencia e Admón. Pública4.204.025

3.830.972

1.524

3.744.402

0

3.880.287

4.239.913

6.000

0

19.907.123

Economía e Facenda3.353.184

620.495

65

2.290.430

0

2.218.150

14.532.446

633.100

0

23.747.870

Política Territorial, O.P. e V.3.210.975

358.626

0

1.846.700

0

20.897.695

27.259.502

0

0

53.582.498

Educación e Ord. Universitaria151.374.038

23.588.449

351.769

60.565.445

0

12.880.500

3.624.5000

252.384.701

Industria e Comercio1.387.569

179.254

0

1.676.665

0

1.719.160

12.312.065

959.345

0

18.234.058

Agricultura, Gandería e Pol. Ag.6.185.445

512.569

0

1.038.083

0

10.951.411

24.948.487

0

0

43.635.995

Cultura, Com. Social e Turismo2.939.188

807.900

0

4.862.014

0

6.385.778

9.874.222

9.651.000

0

34.520.102

Sanidade e Servicios Sociais12.232.467

6.306.407

0

18.074.172

0

3.729.455

3.284.545

0

0

43.627.036

Pesca, Marisqueo e Acuicultura3.694.654

646.341

0

421.377

0

4.293.933

14.992.767

0

0

24.049.072

Xustiza, Interior e Relacións Laborais8.415.190

2.167.199

0

2.018.780

0

2.225.000

1.375.000

0

0

16.201.169

Familia e Prom. Empr., Muller e Xuvent.7.865.886

4.748.469

0

28.190.436

0

1.290.000

860.000

0

0

42.954.791

Medio Ambiente8.103.189

369.324

0

30.300

0

11.985.402

7.216.132

600.000

0

28.304.347

Consello Consultivo de Gal.198.400

38.759

0

0

0

19.000

0

0

0

256.159

Transferencias a CC.LL.0

0

0

91.300.000

0

0

0

0

0

91.300.000

Débeda pública da C.A.0

0

30.079.058

0

0

0

0

0

35.860.000

65.939.058

Gastos de diversas Consell.2.625.000

1.389.519

0

400.000

0

4.151.148

1.000.000

200.000

0

9.765.667

Total217.466.575

46.524.227

30.432.416

216.711.254

0

87.456.619

125.626.079

12.074.445

35.860.000

772.151.615

B) Organismos autónomos administrativos (en miles de pesetas)

I.-Escola Galega de Administración Pública

Estado de ingresos:429.592

Estado de gastos:429.592

II.-Instituto Galego de Estatística

Estado de ingresos:793.019

Estado de gastos:793.019

III.-Augas de Galicia

Estado de ingresos:11.963.867

Estado de gastos:11.963.867

IV.-Instituto Galego de Consumo

Estado de ingresos:766.745

Estado de gastos:766.745

V.-Servicio Galego de Saúde

Estado de ingresos:345.896.873

Estado de gastos:345.896.873

VI.-Academia Galega de Seguridade

Estado de ingresos:274.621

Estado de gastos:274.621

VII.-Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Estado de ingresos:1.130.000

Estado de gastos:1.130.000

C) Organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo (en miles de pesetas)

I.-Instituto Galego da Vivenda e Solo

Estado de ingresos:21.997.590

Estado de gastos:21.997.590

II.-Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

Estado de ingresos:15.886.212

Estado de gastos:15.886.212

III.-Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais

Estado de ingresos:907.894

Estado de gastos:907.894

D) Sociedades públicos (en miles de pesetas)

(Miles de ptas.)

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.29.556.00029.556.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.1.832.0001.832.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.1.553.0001.553.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.979.000979.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.2.452.0002.452.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.3.727.0003.727.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo4.137.0004.137.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia425.000425.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia865.000865.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.3.621.0003.621.000

Galicia Calidade, S.A.261.000261.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia2.110.0002.110.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.261.000261.000

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.10.345.00010.345.000

Xenética Fontao, S.A.125.000125.000

Retegal, S.A.730.000730.000

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.339.000339.000

Total63.318.00063.318.000

(Miles de ptas.)

Entidades públicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades17.081.00017.081.000

Instituto Galego de Promoción Económica13.262.00013.262.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.547.0001.547.000

Portos de Galicia5.017.0005.017.000

Obras e Servicios Hidráulicos119.000119.000

Consello Económico e Social164.000164.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía432.000432.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira1.840.0001.840.000

Fundación Hospital Comarcal A Barbanza1.981.0001.981.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable1.640.0001.640.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria406.000406.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde168.000168.000

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)2.729.0002.729.000

Instituto Enerxético de Galicia395.000395.000

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés844.000844.000

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia4.179.0004.179.000

Total51.804.00051.804.000