1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: servicios.
Descrición do obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos certames Alimentaria Lisboa 2001 (Lisboa, Portugal, do 1 ó 5 de abril) e Polfish 2001 (Gdansk, Polonia, do 5 ó 8 de xuño).
División por lotes e número: non existen lotes.
Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vinteseis millóns oitocentas cincuenta mil pesetas (26.850.000 pesetas) (161.371,75 euros).
5. Garantías.
Provisional: 537.000 pesetas (3.227,44 euros).
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; telef. 981 54 63 04); ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=119.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo III, subgrupos 3 ou 8, categoría C.
8. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: as catorce (14) horas do día 22 de xaneiro de 2001.
Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.
Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.
Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 25 de xaneiro de 2001.
10. Gastos do anuncio.
Correrán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2000.
Andrés Hermida Trastoy
Director xeral de Estructuras Pesqueiras
e Mercados