Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 31 do Plan Xeral de Ordenación Urbana/O Pino, con requirimento a propietarios non adheridos ó sistema de xestión desta unidade de actuación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 16-10-2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de execución número 31 do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), comprendida entre a avenida de Vigo e rúas de nova apertura, lugar do Pino, e formulado pola entidade mercantil Promociones Arga, Sociedad Limitada e Agapito Manuel Poceiro Graña, como propietarios que representan máis do 50% da superficie da citada unidade de actuación, e requiríndolles ós propietarios afectados a constitución, mediante escritura pública, da xunta de compensación da unidade, no prazo de tres meses desde a firmeza en vía administrativa do acto de aprobación de estatutos e bases, do que o texto definitivo é o publicado no BOP nº 60, do 27-3-2000.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4 da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente consonte a dereito.

Pontevedra, 30 de outubro de 2000.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente