Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno na sesión que tivo lugar o día 16 de novembro de 2000 o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura na rúa Concepción Arenal, redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Pisos Veiga e promovido por Muíño Couce Promotores.

Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente ficará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que estime pertinentes.

Narón, 4 de decembro de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde