Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Envasadores de Pataca de Calidade (Agepac).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depo

sitados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Envasadores de Pataca de Calidade (Agepac), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas que se dediquen ó almacenamento, procesado, envasado e comercialización de patacas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución José Luis Conde Bugueiro e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

José Váquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais