Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 262/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. con enderezo na r/ Mancebo, 6 de Pontedeume (A Coruña), como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.027 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 24 da liña Eume nº 9, tramo de C.T. Gándara a C.T. Vilaboi e final no C.T. San Xiá de Arca, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Xiá de Arca, do que parte rede de baixa tensión, e conductor R.Z. de

15 m que se conecta á rede existente. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de San Xiá de Arca, Campo Abeledo, Sanguiñedo e Portolosio. No termo municipal de Monfero. (Expediente 262/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 22 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 262/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T., San Xiá de ArcaTermo municipal: Monfero

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

11ToceiraEucaliptalRepr.: María Rodríguez Viñas

Hdos. Gumersindo Rodríguez Romero

Santo André da Ribeira-San Fiz, 3, 15618 Monfero13196

17MonterredondoEucaliptalRepr.: Julio Caínzos Sanjurjo

Hdos. Benigno Morado Pico

r/ Méndez Núñez, 19-1º, 15500 Narón521983.168

18MonterredondoMonte baixoRepr.: Julio Caínzos Sanjurjo

Hdos. Benigno Morado Pico

r/ Méndez Núñez, 19-1º, 15500 Narón622122.120