Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.860

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 27 de outubro de 2000, da Dependencia de Recadación de Cádiz, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada a este no artigo 28 da Lei 66/1997, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), e intentándose a notificación sen que fose posible practicarse por causas non imputables á Administración tributaria, polo presente anuncio cítanse os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo adxunto para seren notificados por comparecencia do inicio do procedemento de constrinximento, acto dictado polo órgano competente indicado, tratándose dun procedemento executivo.

Os interesados ou representantes debidamente acreditados terán que comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da presente publicación, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, na Dependencia de Recadación da AEAT en Cádiz, sita na praza da Constitución, s/n, para os efectos de practicarse a notificación do citado acto.

Así mesmo, advírtese ós interesados ou ós seus representantes de que, de non compareceren no citado prazo, a notificación se entenderá producida para tódolos efectos legais, desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Cádiz, 27 de outubro de 2000.

María Angustias Caballero Contreras

Xefa da Dependencia de Recadación de Cádiz

Datos do contribuínte: 32780719S. García Rodríguez, Miguel. R/ Nicaragua, 3, Chiclana Fro.

Concepto/descrición/obx. trib.: prezos públicos-C.H. universitario.

Clave liquidación: C1100099150087564.

Importe: 71.416.

D. prov. constr.: 16-6-2000.