Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO urxente.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 1 de decembro de 2000, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán á adxudicación, en procedemento aberto e forma de concurso urxente, do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cartografía 1/2000 núcleos do Concello de Samos, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 10 días hábiles para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato de consultoría e asistencia, mediante concurso, en procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 12.500.000 pesetas.

Fianza provisional: o 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: o 4% do importe de adxucación.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Os criterios de valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Samos.

Teléfono: 982 54 60 02; fax: 982 54 61 22.

Samos, 13 de decembro de 2000.

Rubricado