Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión que tivo lugar o vinteseis de outubro do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto modificado número 1 da pavimentación da rúa Dolores.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 6 de novembro de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde