Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/248-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. recuamento L.M.T. ATI-725 e ATI-726-Eidos.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 348 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio nº 1 da liña dobre circuíto ATI-725 e ATI-726 ata o apoio nº 4 da mesma liña. A instalación está situada na zona de Eidos, no concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 31 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra