Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.836

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico/a e outros) (lista B), publicada por Resolución do 15 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico/a e outros) (lista B), publicada por Resolución do 15 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados, no sentido de:

-Incluír a Miguel Ángel Aboal Beato, con DNI nº 35.303.248, no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 17, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 12, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 8, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 9 e no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 8, cunha puntuación de 4,350 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública