Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.824

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

ANUNCIO de convocatoria de selección de persoal.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A., de acordo co establecido na Lei 10/1996, do 5 de

novembro, anuncia a convocatoria de selección de persoal de cadro para os postos seguintes:

1. 2 Secretarias de dirección (ref. S. Dir: apdo. 15, 15680-Ordes (A Coruña).

Titulación mínima: FP2 administrativo ou similar.

Experiencia: experiencia mínima de 4 anos en posto similar.

2. 2 Oficiais administrativos contabilidade (ref. OAC, apdo. 20, 15680-Ordes (A Coruña).

Titulación mínima: FP1 administrativo contabilidade.

Experiencia: experiencia mínima de 4 anos en posto área de contabilidade.

3. 1 Oficial ordenanza conductor (ref. ODC, apdo. 24, 15680-Ordes (A Coruña).

Título: graduado escolar, permisos conducir B1, B2, C1, C2 e D.

Experiencia: experiencia mínima de 4 anos.

4. 1 Enxeñeiro superior industrial (ref. ISI, apdo. 13, 15680-Ordes (A Coruña).

Título: enxeñeiro superior industrial.

Experiencia: experiencia mínima de 10 anos en montaxes e maquinaria de instalación industriais.

Presentación de solicitudes.

Os interesados que cumpran os requisitos mínimos establecidos anteriormente deberán remitir por correo certificado, ó apartado correspondente ó posto que se solicita (indicando no sobre a ref. correspondente), os seus datos persoais (nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, e fax), así como un currículum vitae detallado (xustificando documentalmente mediante certificado orixinal, ou fotocopia compulsada, os títulos que posúe).

As solicitudes deberán enviarse no prazo improrrogable de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Inicio das probas.

En ningún caso se realizarán antes dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG; indicarase por este mesmo medio a data e o lugar da realización delas.

No procedemento de selección para os postos 1, 2, 3, seguirase a seguinte baremación: currículo 20%; unha proba escrita ou tipo test 50%; e unha entrevista persoal 30%. Esta última realizaráselles a todos aqueles que superen os 40 puntos nos anteriores epígrafes. Para o posto de enxeñeiro superior industrial a valoración será: currículo 40%; psicotécnico 30%; e unha entrevista persoal o 30%. Esta última realizaráselles a todos aqueles que superen os 40 puntos nos anteriores epígrafes.

Calquera consulta adicional poderá realizarse no seguinte teléfono: 981 69 85 24, das 9 ás 11 horas.

Luis Mingo Reiz

Presidente