Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a adquisición de historias clínicas de atención primaria (S-26/2001).

I. Obxecto e orzamento: adquisición polo Servicio Galego de Saúde de historias clínicas de atención primaria, por un importe máximo de oito millóns de pesetas (8.000.000 de pesetas, IVE incluído), (48.060,97 euros).

II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 18 da cara

(folla de especificacións) do prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 18 da cara (folla de especificacións) do prego de cláusulas administrativas particulares.

IV. Prazo de execución: ver punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

VI. Garantías: provisional de 160.000 pesetas.

VII. Admisión de variantes: non se admiten.

VIII. Criterios de adxudicación: ver punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no edificio administrativo San Caetano (ático á norte), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos