Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios 509/2000 e catorce máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por presunta infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, por non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5ª planta, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción indicado no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 20 de novembro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

(pesetas)

509/2000Construcciones y Obras Savur, S.L.

CIF: B-32.130.338

Antonio Vázquez Núñez, nº 10, OurenseAbandono vehículo OR-1166-GArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

519/2000Manuel Araújo

DNI: 34.910.377

Torno-Lobios 32892Abandono vehículo OR-25632Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

586/2000Carlos Pérez Prieto

DNI: 76.704.433

Stª Perpetua de Mogoda 08130Abandono vehículo

OR-25606

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

592/2000Ramón Rodríguez Domínguez

DNI: 34.583.919

Pazos-Muíños 32899Abandono vehículo Renault 5Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

595/2000Norco Obras y Proyectos, S.A.

CIF: A-28.085.959

Cea Bermúdez, 14,

28003 Madrid

Abandono vehículo M-01688-VEArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

624/2000Eladio Doval Nespereira

DNI: 34.594.106

Avda. Buenos Aires, nº 131-4º, 32004 OurenseAbandono vehículo OR-1011-DArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

635/2000Aser Luis Mazaira Pérez

DNI: 76.611.033

Couselo-A Peroxa 32120Abandono vehículo LU-0245-EArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

636/2000José Ramón Rodríguez Ledo

DNI: 34.976.119

Covas-Bustelo

32130 S.Cristovo de Cea

Abandono vehículo OR-6562-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

651/2000Antonio Casimiro Pinto Coelho

DNI: X0606978P

Avda. Ourense nº 90,

32630 Xinzo de Limia

Abandono vehículos OR-7899-F

e OR-4354-H

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

654/2000Isolina Salgado Pérez

DNI: 37.113.438

Avda. San Andrés de Besós, nº 7, BarcelonaAbandono vehículo B-2383-ANArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

663/2000Silverio Blanco Fernández

DNI: 15.905.854

Rambla del Poblenou, nº 31-baixo,

08005 Barcelona

Abandono vehículo SS-99298Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

680/2000Mª Sergia Lamelas Fernández

DNI: 34.600.184

Avda. Portugal, nº 194,

32002 Ourense

Abandono vehículo OR-0447-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

711/2000José Antonio González Fidalgo e dous máis S.C

CIF: G-32.110.355

José Antonio, 5,

32400 Ribadavia

Abandono vehículo SS-5181-TArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

(pesetas)

720/2000Ángel Luis Suances PereiroLagunas esc. Faílde, baixo, portal 1, 32004 OurenseAbandono vehículo OR-4450-CArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

724/2000Manuel Lorenzo Pérez

DNI: 34.715.724

Laza 32620Abandono vehículo P-8122-DArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000