Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.790

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 11 de decembro de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 30 de outubro de 2000.

Convocada por Orde do 30 de outubro de 2000 (DOG nº 220, do 14 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2000 (DOG nº 220, do 14 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

ANEXO

NRP ou DNI: 3326811124A2059.

Apelidos e nome: Camino Fernández, Eva María.

Grupo: D.

Corpo/Escala: auxiliar da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUC060000015770001.

Denominación: secretario/a presidente/a do C.G.RR.LL.

Nivel: 18.

Dependencia: Consello Galego de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.