Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.786

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, idiomas e ensinanzas artísticas.

A base décimo quinta da Orde do 10 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 27) pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Formaranse cinco comisións para o corpo de profesores de ensino secundario (dúas para a área de letras, dúas para a área de ciencias e outra para a área de tecnoloxías) e unha para cada un dos corpos de profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, e profesores de música e artes escénicas e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segundo.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras no anexo da presente resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións nela.

Terceiro.-As comisións poderán solicita-lo asesoramento dos funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós corpos que, de acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 10 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 27), poden formar parte da comisión sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Os membros das comisións terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

ANEXO

Corpo de profesores de ensino secundario:

Área de letras, comisión número 1 (xeografía e historia, música, filosofía e inglés):

Presidente: Juan Carlos Varela Vázquez.

Vocais:

Mª Jesús Yebra Folgueral.

Mª Teresa Pensado Castiñeiras.

José Ramón López Vázquez.

Agustín Villar Madarnas.

Área de letras, comisión número 2 (lingua castelá e literatura, lingua e literatura galegas, latín, grego e francés):

Presidente: Emilio Pérez Sánchez.

Vocais:

Daniel Ares Enjamio.

Margarita Prado Fernández.

Xavier Mouriño Cajide.

Mª Asunción Acosta García.

Área de ciencias, comisión número 1 (matemáticas, educación física e debuxo):

Presidente: José Ramón Pereiró Rodríguez.

Vocais:

Francisco Javier Suárez Regueiro.

Juan Fernández Rey.

José Luis Hospido Rodríguez.

Pablo Porta Martínez.

Área de ciencias, comisión número 2 (bioloxía e xeoloxía, física e química e tecnoloxía):

Presidente: Rosa Fca. Pérez Santiago.

Vocais:

Carlos Rodríguez Dacal.

Mª Consuelo Neira Suárez.

Mª Isabel Vallejo Novoa.

César González Posa.

Área de tecnoloxías:

Presidente: Manuel Reboredo Lavín.

Vocais:

Andrés Botana Caeiro.

José Luis López Seoane.

José Luis Mari Solera.

Pío Novo Álvarez.

Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Presidente: Elisa Amoedo Barciela.

Vocais:

Mª Jesús García López.

Mª Rosa González Iglesias.

José Mª Leis Blanco.

Jorge Sánchez Verdeal.

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

Presidente: Fernando del Pozo Andrés.

Vocais:

Mª de la O Fernández Estévez.

Concepción Carro Armesto.

Ramiro Fernández Lage.

Carla Moro Baleni.