Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 9 de novembro de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de concentración de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto nº 54/1991, do 14 de febreiro (DOG nº 42, do 23 de febreiro), que os traballos de investigación da propiedade para efectos de concentración, darán comezo o día seguinte ó da publicación deste aviso

no Diario Oficial de Galicia e se prolongarán por un período de quince días hábiles, no lugar habilitado para efecto na mesma parroquia.

Requírense os propietarios, alugados e parceiros e, en xeral, os cultivadores e titulares de calquera dereito, para que dentro do indicado prazo presenten ó persoal encargado dos ditos traballos os títulos en que funden os seus dereitos e declaren, en todo caso, os gravames ou as situacións xurídicas que afecten ós seus predios ou dereitos.

Requírense tamén cantos actualmente utilizan augas públicas, para que indiquen na leira ou leiras que regan con ela, así como se está inscrito ó aproveitamento en Augas de Galicia ó seu favor ou ó doutra persoa, ou, noutro caso, data desde a que veñen utilizando as augas publicas, por si ou polos seus causantes, xuntando, en todo caso, as probas que acrediten estas situacións.

Advírteselles ós propietarios das leiras que non aparecesen neste período, que estas serán consideradas como de descoñecidos, e daráselle-lo destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia; igualmente advírtese que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e perdas que se deriven da dita falsiade ou omisión.

Os traballos de concentración afectarán á totalidade das parcelas pertencentes ás parroquias de Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa II do concello de Oroso. Polo tanto, os seus propietarios deberán, no seu propio interese, ademais de face-la declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña, 9 de novembro de 2000.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe de Servicio de Estructuras Rurais

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial de A Coruña