Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Espiñeirido.
Situación: Cervo.
Características técnicas: L.M.T. a C.T. de Vila de Suso a 20 kV en conductor LA-56, de 525 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. de Camiño Chao a 20 kV en conductor LA-56, de 15 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. de Espiñeirido a 20 kV en conductor LA-56, de 15 metros de lonxitude. L.M.T. a C.T. das Patosas a 20 kV en conductor LA-56, de 16 metros de lonxitude. C.T. de Vila de Suso de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. de Camiño Chao de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. de Espiñeirido de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V das Patosas de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 2.940 metros de lonxitude.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Lugo, 27 de xullo de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo