Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da subestación de Meirama-ampliación dun módulo da liña Sogama a 220 kV, provincia da Coruña. (Expediente 29619).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 2 de novembro de 1999 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicita a autorización administrativa da subestación Meirama-ampliación módulo liña Sogama 220 kV e a aprobación do seu proxecto de execución.

Acompañan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Módulo de 220 kV para a liña a Sogama equipado cun interruptor automático tripolar de SF6 de 3.150 A, dous seccionadores xiratorios tripolares para barras de 2.000 A, un seccionador xiratorio tripolar con coitelas de posta a terra de 2.000 A.

-Tres transformadores de intensidade e tres transformadores de tensión, sistemas de control, protección e medida.

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 18-11-1999, publicándose no DOG do 24 de decembro, no BOP da Coruña do 17-12-1999.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os tramites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación dun módulo 220 kV para a liña a Sogama na subestación de Meirama.

Aproba-lo proxecto de execución do citado módulo.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria