Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 123/2000, interposto por José Luis Martínez Santiago.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 123/2000, interposto por José Luis Martínez Santiago, contra a Orde do 14 de febreiro de 2000, pola que se resolve definitivamente a primeira fase do concurso para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999 (DOG nº 35, do 21 de febreiro de 2000).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública