Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámitación anticipada de gasto, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde dun servicio para a execución da oferta de emprego público do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para o ano 2001 (S-11/2001).

I. Obxecto e orzamento: contratación dun servicio para a execución da oferta de emprego público do persoal estatutario do Servicio Galego de Saude para o ano 2001 por un importe máximo de 24.957.900 pesetas (IVE incluído), equivalente a 150.000 euros.

II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

IV. Clasificación económica:

Grupo: III. Subgrupo: 3. Categoría: A.

V. Prazo de execución: ver punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

VII. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

VIII. Admisión de variantes: non se admiten.

IX. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (no ático da ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

XII. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos