Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de novembro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00795-O-2000 e catro máis).

Por esta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta de recadación de multas e sancións nº 1302 6000 08 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 14 de novembro de 2000.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00795-O-2000

C-9041-CG

G.C. Tráfico

Nor Cuarenta y Ocho, S.L.

Miguel Cervantes, 7

15142 Arteixo (A Coruña)

Circular transportando estadas en servicio privado complementario, desde A Coruña a Melide, carecendo de tarxeta de transporte. Carece de tódolos distintivos.

11-5-2000; 9.40; C-540; 12,100

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30) art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1999

20.000 ptas.
XC-00834-O-2000

C-2410-BZ

G.C. Tráfico

Harinas El Molino, S.L.

Ronda de Outeiro, 306

15011 A Coruña

Circular cun vehículo obrigado ó uso de aparello de tacógrafo, empregando un disco diagrama por un período superior a 24 horas. Obsérvanse superposicións de gravación no campo da velocidade e espacio percorrido, non sendo posible a súa lectura.

20-4-199; 12.15; A-55; 6

Art. 15 do R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199046.000 ptas.
XC-00878-O-2000

C-7304-BS

G.C. Tráfico

Xenética e Servicios Gandeiros, S.A.

Salgueiros de Arriba, s/n

15700 Santiago de Compostela (A Coruña)

Circular transportando productos agrícolas en servicio particular privado desde Santiago de Compostela a Lugo, carecendo dos correspondentes distintivos da tarxeta de transporte.

19-5-2000; 12.40; N-6341501; 666

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00910-O-2000

C-3023-BZ

G.C. Tráfico

Exclusivas Barreiro, S.L.

Comercio, 7, B

15010 A Coruña

Circular un vehículo de aluguer sen conductor desde Ribeira a Boiro, carecendo da autorización administrativa do arrendador.

6-6-2000; 9; C-550; 39

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
XC-00984-O-2000

C-5555-BP

G.C. Tráfico

Arboco, S.L.

Rúa de Oviedo Meicende, s/n

15142 Arteixo (A Coruña)

Circular transportando 400 kgs aproximadamente de respostería ultraconxelada (obrigada a manterse a unha temperatura interior mínima de 18º C) marcando o equipo térmico do vehículo unha temperatura de 6º C, no dispositivo de medida da temperatura interior da caixa, vehículo isotermo IR con certificado tmp válido ata o 7-2-2000.

19-6-2000; 11.35; C-552; 72,500

R.D. 2483/1986, do 14-XIArt. 143 LOTT e 201 ROTT25.000 ptas.