Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa, con procedemento aberto, para a contratación do Plan 2000 Estradas anualidade de 1999, 1ª fase.

1. Obxecto: a poxa ten por obxecto a contratación do Plan 2000 Estradas anualidade de 1999, 1ª fase, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais, contados

desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de decembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Plan 2000 Estradas anualidade de 1999, 1ª fase

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da obra que se vai dirixirPrazo de

execución da

obra que se vai

dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Ferrol

E.P. 3.603 ampliación e mellora da seguridade vial p.K. 1,20 ó 2,60 Ferrol a Covas, travesía de Serantes.213.515.416 ptas.

1.283.253,49 euros

Ano 1999: 213.515.416 ptas. 1.283.253.49 euros

Ano 2000: 0,00 euros

Ano 2001: 0,00 euros

Ano 2002: 0,00 euros

Ano 2003: 0,00 euros

12 mesesG, 4, eNon se esixe4% do prezo de adxudicación