Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/249-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. e R.B.T.A. r/ Ponzos, 32.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 283 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea A Faísca e final no C.T. Ponzos, que se vai instalar. Centro de transformación en planta baixa de edificio, na rúa Ponzos, 32, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede aérea sobre apoio de formigón e conductor R.Z. de 30 m e rede subterránea de 10 m en conductor R.V. que se conectan a redes existentes. Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña