Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Manuel Antonio 8.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 255 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. existente ó C.T. Xunqueira, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa Manuel Antonio 8, do concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 30 de outubro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra