Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 19 de decembro de 2000 Páx. 16.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos de obras.

En cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos das obras que a continuación se relacionan:

-Cubrición de pista polideportiva no Colexio de Xordos de Lugo.

Adxudicatario: Gómez Crespo, S.L.

Importe adxudicación: 17.120.837 pesetas.

Anualidade 2000: 4.800.000 pesetas.

Anualidade 2001: 12.320.837 pesetas.

-Cubrición de pista polideportiva no IES Basanta Silva de Vilalba.

Adxudicatario: Gómez Crespo, S.L.

Importe adxudicación: 23.984.814 pesetas.

Lugo, 15 de novembro de 2000.

Jaime Santoalla Varela

Delegado provincial de Lugo